Victorino de la Plaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victorino de la Plaza
Victorino de la Plaza.JPG
Nacemento2 de novembro de 1840
 Salta
Falecemento2 de outubro de 1919
 Buenos Aires
CausaPneumonía
SoterradoCemitério da Recoleta
NacionalidadeArxentina
Educado enFaculdade de Direito da Universidade de Buenos Aires e Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires7
Ocupaciónavogado, diplomático, político e economista
editar datos en Wikidata ]

Victorino de la Plaza foi presidente da Arxentina entre 1914 e 1916, despois da morte de Roque Sáenz Peña ata completar o seu mandato.

Estudou Dereito en Buenos Aires e en 1868 logrou o doutoramento. Foi secretario de Dalmacio Vélez Sársfield e colaborou coa redacción do Código Civil arxentino. Foi ministro de Facenda de Nicolás Avellaneda (1876), e ministro de Relacións Exteriores (1882) e de Facenda (1883-1885) na primeira administración de Julio Argentino Roca. Foi elixido vicepresidente na fórmula da Unión Nacional presidida por Roque Sáenz Peña en 1910. Asumiu a presidencia trala morte de Sáenz Pena e gobernou o país entre 1914 e 1916. Correspondeulle velar pola limpeza das primeiras eleccións presidenciais baixo a lei Sáenz Peña de sufráxio universal. Retirado da política, morreu de pneumonía. Contraeu matrimónio en dúas oportunidades. A primeira vez con Dona Ecilda Belvis Castellanos, con quen non tivo fillos. A segunda vez foi coa escocesa Emily Henry, tiveron un fillo, Victoriano de la Plaza Henry.

Presidentes da Arxentina

Segue a:
Roque Sáenz Peña
Victorino de la Plaza
Precede a:
Hipólito Yrigoyen
Partido Autonomista Nacional