Hipólito Yrigoyen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hipólito Yrigoyen
HIPOLITO.jpg
Nacemento12 de xullo de 1852
 Buenos Aires
Falecemento3 de xullo de 1933
 Buenos Aires
SoterradoCemitério da Recoleta
NacionalidadeArxentina
RelixiónIgrexa católica
Educado enUniversidade de Bos Aires
Ocupaciónavogado, político e autor
Hipólito Yrigoyen - Firma.svg
editar datos en Wikidata ]

Juan Hipólito del Sagrado Corazón de Jesús Irigoyen Alem, tamén coñecido como Hipólito Yrigoyen, avogado (1852-1933) foi o presidente dá Arxentina en dúas ocasións: entre 1916 e 1922, e entre 1928 e 1930.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Buenos Aires, fillo do éuscaro francés Martín Irigoyen e de Marcelina Alem, irmá do político Leandro N. Alem, fundador da Unión Cívica Radical (UCR).

Yrigoyen gradouse en Dereito pola Universidade de Buenos Aires o 1878, exercendo a súa profesión na oficina de Leandro Alem e de Aristóbulo del Valle. Foi electo deputado pola Provincia de Buenos Aires en 1880.

Despois do suicidio de seu tío Leandro Alem, Yrigoyen tornouse líder da UCR. Asumiu como política a intransixencia, unha postura de oposición ó réxime coñecido como concordancia, que establecía, mediante fraude electoral, a alternancia no poder entre distintos sectores conservadores. O seu celo levou o partido á loita armada en 1893 e 1905. Máis tarde, orientou a súa forma de acción non violenta mediante a abstención revolucionaria. A súa loita terminou coa promulgación da Lei Sáenz Peña, que estableceu o voto obrigatorio, secreto e universal (aínda que non incluíse ás mulleres).

Era coñecido como O Peludo por seu carácter pouco sociábel e introvertido. Filosoficamente foi asociado co krausismo español.

Primeira presidencia (1916-1922)[editar | editar a fonte]

O impulso inicial da conquista dos dereitos democráticos veuse freado ao non controlar o Senado e tamén o goberno de moitas provincias. Yrigoyen recorre entón á intervención federal nas provincias, profundando o enfrontamento cos sectores conservadores.

Economicamente Arxentina benefíciase da Primeira Guerra Mundial, coa apertura dos mercados aos seus produtos primarios (carne e cereais) que eran a base de súa riqueza. Arxentina era coñecida como o celeiro do mundo e tiña un dos máis altos PIB por habitante.

A pesar de súas medidas de carácter social, como o descanso remunerado os domingos, por acción ou omisión deixou que sectores militares reprimisen os movementos dos traballadores e das minorías.

Ao non ser reelecto conforme decisión constitucional, foi sucedido por Marcelo Torcuato de Alvear, líder da facción antipersonalista do seu partido.

Segundo presidencia (1928-1930)[editar | editar a fonte]

Ao ser reelecto, Yrigoyen xa se encontraba vello e estaba rodeado de asesores que, ao lle falaren das oposicións socialista e conservadora, ocultaban a realidade, filtrando así o acceso ao que acontecía no país e no mundo (era coñecido como o Diario de Yrigoyen).

A situación económica tornouse grave cos primeiros sinais da Gran Depresión, e os sectores do exército simpatizantes do fascismo e os intelectuais, como Leopoldo Lugones, conspiraban abertamente por unha mudanza do réxime.

Finalmente, o 6 de setembro de 1930 Yrigoyen foi deposto por un golpe militar dado por José Félix Uriburu.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Despois de súa deposición, Yrigoyen foi detido e confinado na Illa de Martín García. Faleceu en Buenos Aires a 3 de xullo de 1933. O seu funeral foi acompañado por unha enorme multitude.

Presidentes da Arxentina

Segue a:
Victorino de la Plaza
Hipólito Yrigoyen
Precede a:
Marcelo Torcuato de Alvear
Unión Cívica Radical - UCR
Presidentes da Arxentina

Segue a:
Marcelo Torcuato de Alvear
Hipólito Yrigoyen
Precede a:
José Félix Uriburu
Unión Cívica Radical - UCR