Victorino Gutiérrez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victorino Gutiérrez Aller 3 de abril de 1937 Lalín, España |
Morte | 18 de xullo de 2024 (87 anos) Lalín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | notario, escritor |
Premios | |
| |
Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937[1] e finado no mesmo concello o 18 de xullo de 2024, foi un notario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do avogado Román Gutiérrez Rodríguez e sobriño de Ramón María Aller. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxose notario en 1969. Empezou a súa carreira profesional en Forcarei, e despois pasou por Celanova e Arzúa; dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007.
Foi socio fundador da Asociación Cultural Deza. Distinguiuse polo impulso ao emprego do galego no ámbito xurídico, sendo autor do Formulario notarial publicado en 1998 pola Real Academia Galega, e de Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia. Membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística dende 1984, participou na Comisión Redactora da Lei do Dereito Civil de Galicia.
Finou en Lalín o 18 de xullo de 2024.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia, 1997.
- Formulario notarial, 1998.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Acta de vítimas, 2016.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos da xustiza, 1992.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio San Martiño de normalización lingüística (1993)
- Premio Lois Peña Novo (1998)[3]
- Foi nomeado Fillo ilustre de Lalín en 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Victorino Gutiérrez Aller será nombrado Hijo Ilustre el día 21". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xullo de 2016.
- ↑ Xacobe Ferreiro (19 de xullo de 2024). "Falece o prestixioso xurista Victorino Gutiérrez Aller". Nós Diario.
- ↑ "Os premios Lois Peña Novo recoñecen o uso do galego nun acto en Soutomaior". Faro de Vigo. 1 de xullo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 52. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- García Negro, María Pilar (9 de agosto de 2024). "Victorino Gutiérrez Aller, in memoriam". Nós Diario.