Viño de Bosnia e Hercegovina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viñas en Sovići.

O viño de Bosnia e Hercegovina é o viño producido en Bosnia e Hercegovina. Este país é membro da Organización Internacional da Viña e do Viño desde o 12 de novembro de 2010[1].

Orixe[editar | editar a fonte]

Segundo determinou nunha investigación do xeógrafo francés Henri Enjalbert, as viñas cultivadas ao sur da Dalmacia parece ser o último refuxio da vide europea trala idade do xeo[Cómpre referencia], canda as de Albania e as illas Xónicas.

Viña actual[editar | editar a fonte]

As viñas de Bosnia e Hercegovina foron severamente afectadas pola guerra de Bosnia (1992-1995), especialmente as concentradas na rexión de Mostar. Ao longo do val do Neretva, pequenas e grandes viñas foron plantadas en solo pedregoso que reflicte a luz solar. Algunhas das súas variedades indíxenas como a Zilavka e a Blatina son elementos fundamentais do patrimonio vitícola en todo o mundo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]