Viño de Cabo Verde
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |

O viño de Cabo Verde é un dos viños máis próximos ao ecuador. A produción limítase á Illa do Fogo, en Chã das Caldeiras, ao pé do Pico do Fogo, un estratovolcán que entrou por última vez en erupción en 1995.
Historia
[editar | editar a fonte]
É un viño novo, que ten 120 anos de tradición vitivinícola. Os primeiros viños foron producidos para a exportación no Brasil e Guinea-Bissau, que era entón unha colonia portuguesa como Cabo Verde. A etiquetaxe dos viños Chã (etiqueta vermella) é feita pola Associação dos Agricultores de Chã coa axuda da Unión Europea. É comercializado baixo o nome de Vinho de Fogo.
Produción e comercialización
[editar | editar a fonte]
No 2006, a Assosiaçao dos Agricultores de Chã con 100.000 quilogramos de uvas, producía 40.000 caixas de viño (12 botellas cada caixa), no 2008, a colleita foi de 72.000 quilogramos de uva, o que corresponde a 55 000 botellas de 0,75 litros.
A demanda é tal que o viño tinto non é envellecido durante un tempo considerábel. Tódolos viños son consumidos ou vendidos localmente.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Botellas de Chã branco.
-
Explotación en Chã das Caldeiras.
-
Viña en Chã das Caldeiras.
-
Viñas a carón dunha rocha volcánica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fogo: Mais uva e unidades de transformação de frutas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 01 de xuño de 2014.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viño de Cabo Verde |