Varíola
| Varíola | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Afecta a
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Localización anatómica
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Exames médicos
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
A varíola,[1] (do latín variola: 'pústula pequena') vexigas[2] ou boas[3][4] foi unha enfermidade infecciosa grave, altamente contaxiosa e cun alto risco de morte, causada polo virus Variola virus (a miúdo chamado virus da varíola)[5] que pertence ao xénero Orthopoxvirus,[6][7] que se deu unicamente en seres humanos.[8] O último caso de orixe natural diagnosticouse en outubro de 1977, e a Organización Mundial da Saúde (OMS) certificou a erradicación mundial da enfermidade en 1980,[9] o que converte ás vexigas na única enfermidade humana que se erradicou.[10][11]
Os síntomas iniciais da enfermidade incluían febre e vómitos.[12] Isto era seguido pola formación de úlceras na boca e unha erupción cutánea.[12] Ao longo duns días, a erupción cutánea convertiase nas características bóchegas cheas de líquido cunha aboladura no centro.[12] As protuberancias entón formaban unha costra que o caer deixaba cicatrices.[12] A enfermidade transmitíase dunha persoa a outra principalmente a través do contacto prolongado cara a cara cunha persoa infectada ou, en raras ocasións, a través de obxectos contaminados.[13][14] A prevención conseguiuse principalmente mediante a vacina contra a varíola.[15] Unha vez que a enfermidade se desenvolveu, certos medicamentos antivirais poderían ter axudado, pero eses medicamentos non estiveron dispoñibles ata despois de que a enfermidade fose erradicada.[15] O risco de morte era de arredor do 30 %, con taxas máis altas entre os bebés.[13][16] A miúdo, os que sobrevivían tiñan extensas cicatrices na pel e algúns quedaban cegos.[13]
Estaba causada por dúas variantes de virus que daban lugar a dúas formas clínicas, nomeadas Variola major e Variola minor. A V. major, a forma máis mortífera, alcanzaba unha proporción de mortalidade de 3–35%, mentres que a V. minor producía a morte a ~1% das súas vítimas. Outros efectos menores normalmente incluían vexigas ou bostelas na pel (de aí a denominación popular en galego de "vexigas" para designar a doenza) e ocasionalmente cegueira, debido a ulceracións na córnea. Non houbo nin hai tratamento especial para as vexigas e a única forma de prevención é a vacinación. Actualmente, a vacina xa non se administra excepto en casos moi especiais como son os dos traballadores en laboratorios nos que se conserva o virus ou a equipos de intervención preparados para combater un hipotético abrocho.[17]
A evidencia máis antiga da enfermidade remóntase a arredor do ano 1500 a. C. en momias exipcias.[18][19] Historicamente, a enfermidade producíase en brotes.[9] Foi unha das varias enfermidades introducidas polo intercambio colombiano no Novo Mundo, o que provocou a morte de grandes cantidades de nativos americanos. Na Europa do século XVIII, estímase que 400.000 persoas morrían por mor da enfermidade cada ano e que un terzo de todos os casos de cegueira se debían á varíola.[9][20] Estímase que a varíola matou ata 300 millóns de persoas no século XX[21][22] e arredor de 500 millóns de persoas nos últimos 100 anos da súa existencia.[23] Entre as mortes anteriores estaban varios monarcas europeos, como Lois XV de Francia, a raíña María II de Inglaterra, o emperador Xosé I de Austria, o rei Lois I de España, o tsar Pedro II de Rusia e a raíña Ulrica Leonor de Suecia.[9][20] En 1967, producíanse 15 millóns de casos ao ano.[9] O último caso mortal coñecido ocorreu en 1978 nun laboratorio do Reino Unido.
A inoculación contra a varíola parece que comezou na China arredor do século XVI.[24][25] Europa adoptou esta práctica de Asia na primeira metade do século XVIII.[26] En 1796, Edward Jenner introduciu a vacina moderna contra a varíola.[27][28] En 1967, a OMS intensificou os esforzos para eliminar a enfermidade.[9] A varíola é unha das dúas enfermidades infecciosas que foron erradicadas, sendo a outra a peste bovina (unha enfermidade dos ungulados de dedos pares) en 2011.[29][30]
O nome de vexigas provén da palabra latina que significa "manchado" e refírese aos avultamentos que aparecen na cara e no corpo das persoas infectadas.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da varíola remóntase á prehistoria.[31] As evidencias xenéticas suxiren que o virus da varíola xurdiu hai entre 3.000 e 4.000 anos.[32]
Durante miles de anos ocorreron ocasionalmente epidemias de vexigas; con todo, logo dun exitoso programa de vacinación mundial logrouse erradicar a enfermidade. Nos Estados Unidos, o último caso de vexigas rexistrouse en 1949, mentres que o último caso ocorrido en forma natural no mundo foi en Somalia en 1977. Unha vez que a enfermidade se erradicou en todo o mundo, suspendeuse a vacinación habitual de toda a poboación porque xa non había necesidade de previla.
Posiblemente a súa orixe sexa de hai aproximadamente uns 3.000 anos. Algúns sitúana na India, outros en Exipto. Durante varios séculos, sucesivas epidemias devastaron a poboación e era unha enfermidade tan letal que nalgunhas culturas antigas [Cómpre referencia] estaba prohibido dar nome aos nenos ata que contraían a enfermidade e sobrevivían a ela. A súa taxa de mortalidade chegou a ser ata dun 30% dos pacientes infectados.
Aparición da enfermidade
[editar | editar a fonte]
A evidencia clínica crible máis antiga da varíola atópase nas descricións de enfermidades semellantes á varíola en escritos médicos da antiga India (xa no ano 1500 a. C.).[33][34] e China (1122 a.C.),[35] así como un estudo da momia exipcia de Ramsés V (falecido no ano 1145 a. C.).[34][36] Especulouse que os comerciantes exipcios trouxeron a varíola á India durante o primeiro milenio a. C., onde permaneceu como unha enfermidade humana endémica durante polo menos 2000 anos. A varíola probablemente introduciuse na China durante o século I d. C. desde o suroeste, e no século VI foi levada desde a China ao Xapón.[37] No Xapón, crese que a epidemia dos anos 735–737 matou ata un terzo da poboación.[20][38] Polo menos sete deidades relixiosas foron dedicadas especificamente á varíola, como o deus Sopona na relixión ioruba de África Occidental. Na India, a deusa hindú da varíola, Shitala, era adorada en templos de todo o país.[39]
Un punto de vista diferente é que a varíola apareceu no ano 1588 d.C. e que os casos rexistrados anteriormente identificáronse incorrectamente como varíola.[40][41]
A cronoloxía da chegada da varíola a Europa e ao suroeste de Asia é menos clara. A varíola non se describe claramente nin no Antigo Testamento nin no Novo Testamento da Biblia nin na literatura dos gregos ou romanos. Aínda que algúns identificaron coa varíola a peste de Atenas (que se dicía que se orixinou en "Etiopía" e Exipto) ou a peste que levantou o asedio de Siracusa por parte de Cartago no ano 396 a. C.,[37] moitos estudosos coinciden en que é moi improbable que unha enfermidade tan grave como a variola maior non fose descrita por Hipócrates se existise na rexión mediterránea durante a súa vida.[42]
Aínda que a peste antonina que arrasou o Imperio Romano entre os anos 165-180 d.C. puido ser causada pola varíola,[43] San Nicasio de Reims converteuse no patrón das vítimas da varíola por ter supostamente sobrevivido a un ataque desta no ano 450,[37] e San Gregorio de Tours rexistrou o primeiro uso do termo "variola" tras un brote similar en Francia e Italia no ano 580.[37] Outros historiadores especulan que os exércitos árabes levaron por primeira vez a varíola de África ao suroeste de Europa durante os séculos VII e VIII.[37] No século IX, o médico islámico, Al-Razí, proporcionou unha das descricións máis definitivas da varíola e foi o primeiro en diferenciala do sarampelo e da varicela no seu Kitab fi al-jadari wa-al-hasbah (O libro da varíola e o sarampelo).[44] Durante a Idade Media producíronse varios brotes de varíola en Europa. Non obstante, a varíola non se establecera alí ata que o crecemento da poboación e a mobilidade marcados polas cruzadas o permitiron. No século XVI, a varíola xa se arraigara na maior parte de Europa,[37] onde tiña unha taxa de mortalidade de ata o 30 por cento. Esta aparición endémica da varíola en Europa ten unha importancia histórica particular, xa que as sucesivas exploracións e colonizacións por parte dos europeos tenderon a estender a enfermidade a outras nacións. No século XVI, a varíola convertérase nunha causa predominante de morbilidade e mortalidade en gran parte do mundo.[37]
Erradicación
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Inoculación.
En 1796 Edward Jenner iniciou o que posteriormente daría lugar á vacina: o 14 de maio deste ano inoculou a James Phipps, un neno de 8 anos, un exsudado obtido das pústulas da man dunha granxeira infectada polo virus das vexigas bovinas. Tras un período de 7 días o raparigo presentou malestar. Poucos días despois, Jenner volveu realizar varias picadas superficiais con material procedente das temidas vexigas humanas, que o raparigo non chegou a desenvolver.
En 1798 Jenner publicou o seu traballo "An Inquiry into the Causes and Effects of the Variolae Vaccinae, a Disease Known by the Name of Cow Pox" , onde acuñou o termo latino variolae vaccinae (vexigas da vaca). Deste xeito, Jenner abriu as portas á vacinación.
Cinco anos despois, en 1803, fíxose posiblemente unha das campañas máis grandes para erradicar a varíola, a da Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis. Esta expedición foi de carácter filantrópico e deu a volta ao mundo entre os anos 1803 e 1814. O seu obxectivo era en principio que a vacina das vexigas alcanzase todos os recunchos do por entón Imperio Español, xa que a alta mortalidade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos.
Sintomatoloxía
[editar | editar a fonte]As formas clínicas das vexigas son dúas. As vexigas maiores foron a forma grave e máis común da enfermidade, e ocasionaban unha erupción máis estendida e febre máis alta. Había catro tipos de vexigas maiores: a común (a máis frecuente, nun 90% ou máis dos casos); a modificada (leve, en persoas que se vacinaron); a lisa; e, para rematar, a hemorráxica (estes dous últimos tipos eran raros e moi graves). Historicamente, as vexigas maiores tiñan unha taxa xeral de mortalidade de aproximadamente o 30%; con todo, as varíola lisa e a hemorráxica adoitaban ser mortais.
As vexigas menores eran un tipo menos común e moito menos grave, cunhas taxas de mortalidade do 1% ou menores.
Etioloxía
[editar | editar a fonte]A varíola estaba causada polo virus varíola que xurdiu en poboacións humanas miles de anos atrás. Excepto polas reservas nalgúns laboratorios, o virus varíola está eliminado. Con todo, por mor dos sucesos internacionais de setembro e outubro de 2001 aumentou a preocupación de que o virus varíola puidese utilizarse como axente de terrorismo biolóxico. Por esta razón, o goberno estadounidense está tomando precaucións para poder facer fronte a un posible abrocho de vexigas [Cómpre referencia].
Como se contaxian as vexigas
[editar | editar a fonte]Para que as vexigas se contaxiaran dunha persoa a outra, era necesario un contacto directo e prolongado, cara a cara. As vexigas tamén podían transmitirse por medio do contacto directo con fluídos corporais infectados ou con obxectos contaminados, coma sabas, fundas ou roupa. De cando en cando as vexigas propagáronse polo virus transportado polo aire en sitios pechados como edificios, autobuses e trens. Os seres humanos foron os únicos portadores naturais do virus da varíola e non se coñeceron casos de varíola transmitidos por insectos ou animais. Un enfermo de vexigas podía ser contaxioso cando empezaba coa febre (fase pródromo), pero acadaba a súa máxima capacidade para contaxiar cando comezaba a saír as erupcións. Polo xeral, nesta etapa a persoa infectada estaba moi enferma e non podía desprazarse na súa comunidade. A contaxiosidade duraba ata que lle caía a última bostela das vexigas.
| Historia natural da enfermidade | |
|---|---|
| Período de incubación (Duración: 7 a 17 días) Non contaxioso |
Logo da exposición ao virus hai un período de incubación durante o cal as persoas non presentan ningún síntoma e quizais se sintan ben. Este período de incubación dura de media de 12 a 14 días, pero pode oscilar entre 7 e 17 días. Durante este lapso, as persoas non son contaxiosas. |
| Síntomas iniciais (Duración: 2 a 4 días) (Pródromo) Algunhas veces contaxioso¹ |
Entre os primeiros síntomas das vexigas destacan a febre, malestar, dor de cabeza e no corpo e, algunhas veces, vómitos. A febre, polo xeral, é alta e pode subir ata os 38-40 °C. Nese momento, as persoas adoitan sentirse demasiado enfermas para seguir coas súas actividades habituais. Isto coñécese como a fase pródromo e pode durar de 2 a 4 días. |
| Primeira erupción (Duración: uns 4 días) Período máis contaxioso Distribución da erupción: |
A erupción maniféstase primeiro na lingua e na boca en forma de manchiñas vermellas. Estas manchas convértense en chagas que se abren e esparexen grandes cantidades do virus na boca e a gorxa. Máis ou menos ao mesmo tempo en que as chagas na boca se abren, aparece unha erupción na pel que comeza na cara e se estende polos brazos e as pernas, e logo polos pés e as mans. Xeralmente a erupción esténdese a todo o corpo nun lapso de 24 horas. Cando aparece a erupción, a febre usualmente baixa e é posible que o enfermo comece a sentirse mellor. O terceiro día, as erupcións convértense en avultamentos. O cuarto día, os avultamentos énchense dun líquido espeso e opaco, e acotío presentan un afundimento no centro que parece un embigo (esta é unha carácterística importante para distinguir as vexigas doutras enfermidades). Nese momento, a febre adoita subir outra vez e manterse alta ata que se forman as bostelas sobre os avultamentos. |
| Erupción con pústulas (Duración: uns 5 días) Contaxioso |
Os avultamentos convértense en pústulas, moi altas, xeralmente redondas e firmes ao tacto, coma se houbese un obxecto pequeno e redondo debaixo da pel. |
| Pústulas e bostelas (Duración: uns 5 días) Contaxioso |
As pústulas comezan a formar unha casca e logo unha bostela. Ao final da segunda semana logo de aparecer a erupción, a maior parte das chagas formaron bostelas. |
| As bostelas comezan a caer (Duración: uns 6 días) Contaxioso |
As bostelas comezan a caer e deixan marcas na pel que, finalmente, se converten en cicatrices en forma de buracos. A maioría das bostelas caerán ás 3 semanas de aparecer a erupción. A persoa segue sendo contaxiosa ata que todas as bostelas caian. |
| As bostelas caeron Non contaxioso |
Unha vez que caeron as bostelas, a persoa xa non é contaxiosa, aínda que non é moi seguro. |
¹ As vexigas poden ser contaxiosas durante a fase de pródromo, pero alcanza a súa máxima capacidade infecciosa durante os primeiros 7 a 10 días despois do comezo da erupción.
As vexigas na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Se non foran as vexigas
Señor San Bartolomeu.
Se non foran as vexigas
¡Qué bonitiña era eu!
En Galicia adoitábase empregar a fórmula comparativa cacarañado/a coma unha filloa para referirse ao aspecto dunha persoa con cicatrices que padeceu a enfermidade.
No semanario A Monteira publicábase unha sección sen sinatura, titulada "De todo un pouco". No número 3, do 19 de outubro de 1889, facíase eco do seguinte edicto dunha autoridá d'Améreca, sen especificar máis:
"Todo aquel individo que morra d'as vixigas enon esteña enterrado baixo dous metros de profundidá debaixo d'a terra, ten unha multa de 1.000 pesetas ou sinon un mes de prisión n-a oficina ô meu cargo".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varíola.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vexigas.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boas.
- ↑ Aínda que o DRAG non fai ningunha distinción, algúns dicionaristas (como Cuveiro Piñol, Valladares, Porto Rey, Filgueira, Carré ou Ibáñez) especifican que as boas son as chamadas popularmente vexigas loucas ou, tecnicamente, a varicela. Pérez Ballesteros escribiu Foguetes (1888), os seguintes versos: "D' as boas cacarañado/ saleu onte d' o hespital/ Mingo Eiroa, mal falado,/ co as carraxes d' o seu mal".
- ↑ K. J., Ryan; C. G., Ray (2004). Sherris Medical Microbiology (4.ª ed.). McGraw Hill. pp. 525-528. ISBN 978-0-8385-8529-0. Consultado o 12 de abril do 2026.
- ↑ Ryan KJ, Ray CG, eds. (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 525–28. ISBN 978-0-8385-8529-0.
- ↑ Babkin, I, Babkina, I (March 2015). "The Origin of the variola Virus". Viruses 7 (3). pp. 1100–12. ISSN 1999-4915. PMC 4379562. PMID 25763864. doi:10.3390/v7031100.
- ↑ Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004): Sherris Medical Microbiology, McGraw Hill 4ª ed., 525. ISBN 0-8385-8529-9.
- 1 2 3 4 5 6 "Smallpox". WHO Factsheet. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2007.
- ↑ "Smallpox – Symptoms and causes". Mayo Clinic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2022. Consultado o 12 de abril do 2026.
- ↑ Información da OMS Arquivado 21 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés). (...) grazas ao éxito da campaña de erradicación, a varíola foi finalmente eliminada do corno de África, ao quedar reducida a un único caso, o cal ocorreu en Somalia no ano 1977. Unha desgraciada infección ocorreu nun laboratorio do Reino Unido en 1978. A erradicación global da varíola foi certificada, en base a diversas pescudas internacionais, por unha comisión de reputados científicos en decembro de 1979 e consecuentemente esta certificación sería refrendada pola World Health Assembly en 1980.
- 1 2 3 4 "Signs and Symptoms". CDC (en inglés). 7 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xuño do 2026.
- 1 2 3 "What is Smallpox?". CDC (en inglés). 7 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xuño do 2026.
- ↑ Lebwohl, Mark G.; Heymann, Warren R.; Berth-Jones, John; Coulson, Ian (2013). Treatment of Skin Disease E-Book: Comprehensive Therapeutic Strategies (en inglés). Elsevier Health Sciences. p. 89. ISBN 978-0-7020-5236-1.
- 1 2 "Prevention and Treatment". CDC (en inglés). 13 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 16 de xuño do 2026.
- ↑ {{cita novas | vauthors = Riedel S | título = Edward Jenner and the history of smallpox and vaccinati[[on | journal = Proceedings | volume = 18 | issue = 1 | pages = 21–25 | date = January 2005 | pmid = 16200144 | pmc = 1200696 | doi = 10.1080/08998280.2005.11928028 }}
- ↑ "Información do CDC sobre a vacina da varíola". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2010.
- ↑ "History of Smallpox". CDC (en inglés). 25 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2020. Consultado o 21 de xuño do 2026.
- ↑ Thèves, Catherine; Crubézy, Eric; Biagini, Philippe (2016). "History of Smallpox and Its Spread in Human Populations". Microbiology Spectrum 4 (4). ISSN 2165-0497. PMID 27726788. doi:10.1128/microbiolspec.PoH-0004-2014.
- 1 2 3 Hays JN (2005). Epidemics and Pandemics: Their Impacts on Human History (en inglés). ABC-CLIO. pp. 151–52. ISBN 978-1-85109-658-9.
- ↑ Koprowski, Hilary; Oldstone, Michael B. A. (1996). Microbe hunters, then and now. Medi-Ed Press. p. 23. ISBN 978-0-936741-11-6.
- ↑ Henderson DA (December 2011). "The eradication of smallpox – an overview of the past, present, and future". Vaccine 29 (Suppl 4). pp. D7–9. PMID 22188929. doi:10.1016/j.vaccine.2011.06.080.
- ↑ Henderson D (2009). Smallpox: the death of a disease. Prometheus Books. p. 12. ISBN 978-1-61592-230-7.
- ↑ Needham, Joseph (2000). Science and Civilisation in China: Volume 6, Biology and Biological Technology, Part 6, Medicine (en inglés). Cambridge University Press. p. 134. ISBN 978-0-521-63262-1. Consultado o 22 de xuño do 2026.
- ↑ Silverstein, Arthur M. (2009). A History of Immunology (2nd ed.). Academic Press. p. 293. ISBN 978-0-08-091946-1..
- ↑ Strathern, Paul (2005). A Brief History of Medicine. London: Robinson. p. 179. ISBN 978-1-84529-155-6.
- ↑ Wolfe RM, Sharp LK (agosto de 2002). "Anti-vaccinationists past and present". BMJ 325 (7361). pp. 430–32. PMC 1123944. PMID 12193361. doi:10.1136/bmj.325.7361.430.
- ↑ "Smallpox vaccines". WHO. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 22 de xuño do 2026.
- ↑ Guidotti, Tee L. (2015). Health and Sustainability: An Introduction (en inglés). Oxford University Press. p. T290. ISBN 978-0-19-932568-9.
- ↑ Roossinck, Marilyn J. (2016). Virus: An Illustrated Guide to 101 Incredible Microbes (en inglés). Princeton University Press. p. 126. ISBN 978-1-4008-8325-7.
- ↑ Barquet N, Domingo P (1997). "Smallpox: the triumph over the most terrible of the minister of death". Annals of Internal Medicine 127 (8 Pt 1). pp. 635–642. PMID 9341063. doi:10.7326/0003-4819-127-8_Part_1-199710150-00010.
- ↑ Rao AR (1972). Smallpox (1st ed.). Bombay: Kothari Book Depot. OCLC 723806.
- ↑ Shchelkunov SN (decembro de 2011). "Emergence and reemergence of smallpox: the need for development of a new generation smallpox vaccine". Vaccine 29 (Suppl 4). pp. D49–53. PMID 22185833. doi:10.1016/j.vaccine.2011.05.037.
- 1 2 Vaccine and Serum Evils, by Herbert M. Shelton, p. 5
- ↑ Hopkins DR (2002). The Greatest Killer: Smallpox in history. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-35168-1. Originally published as Hopkins, Donald R. (1983). Princes and Peasants: Smallpox in History. University of Chicago Press. ISBN 0-226-35177-7.
- ↑ Hopkins, Donald. "Ramses V: Earliest known victim?" (PDF). WHO. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xuño do 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 Fenner F, Henderson DA, Arita I, Ježek Z, Ladnyi ID (1988). "The History of Smallpox and its Spread Around the World" (PDF). Smallpox and its eradication. History of International Public Health 6. Xenebra: World Health Organization. pp. 209–44. ISBN 978-92-4-156110-5. hdl:10665/39485. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xuño do 2026.
- ↑ Thieme HR (2003). Mathematics in population biology. Princeton University Press. p. 285. ISBN 0-691-09291-5.
- ↑ Henderson DA, Preston R (2009). Smallpox- the Death of a Disease: The Inside Story of Eradicating a Worldwide Killer (1st ed.). Prometheus Books. p. 334. ISBN 978-1-59102-722-5. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2020. Consultado o 23 de xuño do 2026.
- ↑ McKenna, Maryn (8 de decembro de 2016). "Child Mummy Found With Oldest Known Smallpox Virus". National Geographic. National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2018.
- ↑ Duggan AT, Perdomo MF, Piombino-Mascali D, Marciniak S, Poinar D, Emery MV, Buchmann JP, Duchêne S, Jankauskas R, Humphreys M, Golding GB, Southon J, Devault A, Rouillard JM, Sahl JW, Dutour O, Hedman K, Sajantila A, Smith GL, Holmes EC, Poinar HN (decembro de 2016). "17th Century variola Virus Reveals the Recent History of Smallpox". Current Biology 26 (24). pp. 3407–12. PMC 5196022. PMID 27939314. doi:10.1016/j.cub.2016.10.061.
- ↑ Dixon CW (1962). Smallpox. Londres: Churchill.
- ↑ Murphy, Verity (7 de novembro de 2005). "Past pandemics that ravaged Europe". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2017. Consultado o 25 de xuño do 2026.
- ↑ Otri AM, Singh AD, Dua HS (outubro de 2008). "Abu Bakr Razi". British Journal of Ophthalmology 92 (10). p. 1324.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Varíola |

