Saltar ao contido

Alberto Mira Cons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Mira Cons
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , produtor musical Editar o valor em Wikidata

Facebook: https://www.facebook.com/alberto.miracons Twitter: bertomusica Instagram: bertomusica Editar o valor em Wikidata

Alberto Mira Cons, nado en Pontevedra o 5 de xullo de 1999, é un compositor, guitarrista e produtor musical galego, coñecido como Berto.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou estudando medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Proxecto Verto[editar | editar a fonte]

Con Fernando Peleteiro, "Fer" formou un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019: Verto. Foron considerados un dos grupos pioneiros da música pop en galego, tendo millóns de escoitas na plataforma Spotify.[2] Publicaron dous LP e varios sinxelos, sendo o máis famoso o tema "Oie Gayego".

Proxecto Berto[editar | editar a fonte]

Desde decembro de 2021 lidera como vocalista, compositor e produtor o seu proxecto persoal: Berto. Ademais tamén exerce de produtor musical para outros artistas e colaborou cunha gran cantidade de artistas do pop electrónico galego: Fillas de Cassandra, Mondra, Hydn, Rivadulla, Nia twee ou Maiko Leinad.[3]

O seu primeiro LP, Viaxe ao espazo interior (2021), está composto a modo conceptual, nel o artista inspírase no simbolismo e a introspección durante o tránsito por unha profunda depresión ata lentamente mellorar e volver a atopar a felicidade. Son 11 cancións dun álbum conceptual centrado na depresión que o propio músico sufriu ao longo dun ano e que se estrutura en capítulos que reflicten diferentes fases da doenza mental ata a recuperación.[4] Conta con colaboracións de Toni Martelo, Hevi de Malandrómeda e Fer.

En marzo de 2022 publicou Bailar Chikito,[5] un EP en colaboración coa cantante Marinha, onde explora unha mestura orgánica entre o pop, a música electrónica, o trap e o techno, sempre desde unha óptica centrada no baile, no hedonismo e o desfrute.[6]

En maio de 2022 presentou o sinxelo Absolución, que podería denominarse provisionalmente como a "muiñeira reguetoneira". Vai acompañado dun videoclip sorprendente e provocador, dirixido por Onion Cultural. Gravado no mosteiro de Carboeiro e nunha igrexa, pódese ver nel unha particular mestura de bailarinas perreando con pandeireteiras, unha muller facendo de sacerdote e un Berto obnubilado atopando a conexión divina.[7]

En novembro de 2022 presentou o LP Sinto. Son trece cancións que van desde a electrónica ao trap, pasando polo post punk, o RnB e o synth pop. Himnos bailables e vitalistas que nos falan do día a día, da amizade, do amor e da perda. Colaboraron Fillas de Cassandra, Marinha, Nia Twee, Sleepy Spice, Ash Diz ou Guadi Galego. Bágoas de cocodrilo é un dos vídeos deste novo traballo. Temas entre o pop, o trap, a electrónica ou o post-punk entre o pracer do existir, do resistir e sobre todo do sentir.[8]

En 2024 Berto é un dos compositores e tamén voz de Resaca Emocional, proxecto que integra a Ash Diz (composición, voz e percusión), Lorena Cachito (percusión e voz), Brais Iriarte (baixo, guitarra e voz), Zeltia Iglesias (deseño e merchandising), Ro Campoy (debuxo, maquillaxe, fotografía e merchandising), Gala Rodríguez (escenografía e fotografía), Xurxo Pinheiro (técnico de son), Dani Ábalo (técnico de luces) e Manu Tarrío (management e apoio emocional).[9] O seu primeiro tema foi Bolboretas, que tamén ten un vidioclip.

No 2023 impartiu un Curso de Produción Musical da SGAE en Santiago de Compostela.[10]

Notas[editar | editar a fonte]