Vendelín Javorka
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1882 Ružomberok (pt) |
Morte | 24 de marzo de 1966 (83 anos) Žilina |
Reitor | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Comenius de Bratislava |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Empregador | Pontificio Instituto Oriental |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Vendelín Javorka, nado o 15 de outubro de 1882 en Ružomberok (Imperio Austrohúngaro) e finado o 24 de marzo de 1966 en Žilina (República Socialista Checoslovaca), foi un xesuíta greco-católico eslovaco, doutor en Filosofía e reitor do Pontificio Colexio Ruso, participante no apostolado ruso e prisioneiro do gulag.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 15 de outubro de 1882 en Černová, hoxe parte de Ružomberok, no territorio de Austria-Hungría (hoxe Eslovaquia).[1] O 4 de agosto de 1903 entrou na Compañía de Xesús,[1] e entre 1906 e 1909 estudou na Facultade de Filosofía da Universidade Comenius en Bratislava, e entre 1912 e 1915 na Universidade de Innsbruck, onde se doutorou. O 15 de agosto de 1915 foi ordenado sacerdote en Innsbruck.[1] Durante a primeira guerra mundial foi capelán do exército austrohúngaro.[1] A partir de 1919 foi profesor no Instituto Pedagóxico de Trnava. Por recomendación do superior dos xesuítas Włodzimierz Ledóchowski se trasladou a Roma, onde pasou a dar clases no Pontificio Instituto Oriental. En 1929 foi nomeado primeiro reitor do Pontificio Colexio Ruso.[2]
En 1934 trasladouse a Harbin para traballar no exarcado apostólico que atendía á comunidade de emigrantes rusos de Manchuria.[1] En 1936 trasladouse a Shanghai, exercendo o seu ministerio na igrexa greco-católica de San Nicolao. En 1939 volveu a Roma, ao Russicum.[1]
En 1941 foi enviado a traballar cos católicos de orixe eslava de Romanía, e serviu nas parroquias greco-católicas de Bucovina e foi superior da misión xesuíta de Chernivtsi.[1] O 19 de xuño de 1944 foi arrestado pola NKVD e sentenciado o 12 de decembro de 1945 a 17 anos de prisión no gulag baixo o artigo 58-6 do Código Penal da RSFS de Rusia, por ser "un axente vaticano chegado á URSS para espiar".[1] Foi enviado ao Temlag da RSSA de Mordovia, e en 1954 foi transferido ao Minlag da RSSA dos Komis. Foi liberado por enfermidade o 9 de xaneiro de 1954, e viviu nunha casa para discapacitados en Vorkuta, e en marzo de 1955 foi trasladado a Potma e posteriormente a Abez. En 1956, por petición do seu irmán, Javorka foi trasladado a Eslovaquia. Finou o 24 de marzo de 1966 en Žilina.[1]
Foi rehabilitado en 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Litva, Felix (2001). "JAVORKA, Vendelin". En O'Neill, Charles E. Diccionario histórico de la Compañía de Jesús (en castelán). 3 (Infante de Santiago-Piatkiewicz). Universidade Pontificia Comillas. p. 2142. ISBN 9788484680369.
- ↑ Krčméry, Silvester (1998). Break Point: A Personal Account of Brainwashing and the Greater Power of the Gospel. Crossroad. p. 198. ISBN 9780824517700.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nados en 1882
- Nados en Eslovaquia
- Finados en 1966
- Xesuítas de Eslovaquia
- Alumnos da Universidade Comenius
- Alumnos da Universidade de Innsbruck
- Profesores do Pontificio Instituto Oriental
- Profesores do Pontificio Colexio Ruso
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina rusa
- Sacerdotes católicos da China
- Sacerdotes católicos de Eslovaquia
- Sacerdotes católicos de Romanía
- Sacerdotes católicos de Rusia
- Sacerdotes católicos de Ucraína