Veleučilište VERN'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo da 'Veleučilište VERN.

A Veleučilište VERN' (traducido á lingua galega como Universidade de Ciencias Aplicadas VERN', en inglés University of Applied Sciences VERN') ou simplemente coñecida polas súas siglas VERN', é unha universidade privada de Croacia [1], con sede na cidade de Zagreb.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha institución de ensino superior con funcionamento no país desde o ano 2000 no tocante á aprobación de xeito oficial das súas funcións universitarias por parte do Ministarstva znanosti i tehnologije (en galego Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía)[2]. Tamén é a primeira institución educativa de carácter privado en toda Croacia.

En xuño de 2009, a VERN' convértese en membro da European Foundation for Management Development (en galego Fundación Europea para o Desenvolvemento da Xestión) [3], que reúne máis de 700 empresas no sector da educación, tanto institucións privadas coma públicas, e arredor de 80 países en todo o mundo.

A VERN' conta con 6 graos e 5 mestrados de posgrao, así como tamén o programa internacional de MBA que é executado na cidade de Bruxelas na UBI (United Business Institutes).[4]

A universidade conta con arredor de 4 000 alumnos. O decano é o profesor e Doutor de Ciencias Vlatko Cvrtila, e o presidente do Consello de Goberno é Branko Štefanović.

Historia[editar | editar a fonte]

A VERN' foi fundada en 1990. Dez anos máis tarde, en base á autorización e a decisión do Ministarstva znanosti i tehnologije (en galego Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía) [5] comezan os seus primeiros pasos. Primeiro, instáurase como unha institución de ensino superior baixo o nome de Visoke škole za ekonomiju poduzetništva (en galego Escola Superior de Economía Emprendedores).

No 2001 VERN' é a primeira institución de ensino superior privada no país [6], comezando coa introdución das normativas do Proceso de Boloña no seu ensino. No 2002, en colaboración coa Universidade de Vaasa de Finlandia, e do Instituto ISTUD en Milán [7] comezan co proxecto Tempus da Unión Europea. Trátase dun proxecto común de desenvolvemento da educación empresarial superior en Croacia. No 2003 xorde a primeira promoción de licenciados na licenciatura de Emprendedorismo da Economía. No ano 2005 introducía unha nova licenciatura, a de Informática de Negocios e tres másteres posgrao, Xestión Empresarial, Xestión de Comunicacións Empresariais e Finanzas. Ese mesmo ano alíase co United Business Institutes en Bruxelas e presenta o programa de MBA internacional que se executa en Zagreb e Bruxelas. O número de alumnos inscritos en todos os programas do estudo van xa preto da cifra dos mil.

En 2007 a Accredited Higher School for Entrepreneurship Economics (en galego Escola Superior acreditada para o Emprendemento da Economía) convértese co nome de Veleučilište VERN' (traducido á lingua galega como Universidade de Ciencias Aplicadas VERN) [8]. Trátase da primeira universidade privada croata de ciencias aplicadas orientadas á educación empresarial, con forte énfase no desenvolvemento do punto de vista empresarial.

Simultaneamente coas novas normas de organización, os padróns de ensino tamén comezaron a mellorar. A VERN' abriu novos espazos para os universitarios, na Importanne Galleria, coa adición de aulas multimedia, biblioteca para os estudantes, sala de profesores e de comedor para os alumnos.

No ano 2009 o grupo educativo Vern' entra na Zagreb School of Management, unha institución privada especializada na formación de líderes en turismo.

No ano 2011 súmase a Visoka novinarska škola (VNŠ) (en galego Escola Superior de Xornalismo) coas institucións de ensino superior especializadas na formación de profesionais da comunicación, que foi fundada en 2007 por Ivo Pukanic como "NCL Visoku novinarsku školu" (en galego NCL Escola de Xornalismo).

No 2012, na illa de Vis é aberto un centro universitario internacional chamado VERN' Vis.

Ano 2013, o grupo VERN' xúntase coa Visoka politehnička škola u Zagrebu (en galego Escola Politécnica de Zagreb) e o seu grao educativo de Técnico de Xestión.

No ano 2014 o grupo VERN' xúntase coa High School Kairos, para así ofrecer os graos de Relacións Públicas e Ciencias de Comunicación.

Graos[editar | editar a fonte]

VERN' conta con 7 carreiras universitarias:

Másteres[editar | editar a fonte]

Programa de Erasmus+[editar | editar a fonte]

En decembro do ano 2010, de acordo coa decisión da Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA), con sede en Bruxelas, baseándose na Carta Universitaria Erasmus (EUC),[9] Tom Charter, ditaminou que tanto aos docentes da universidade VERN' como aos alumnos, lles son permitidos os cofinanciamentos de programas de mobilidade de visitas de estudo e prácticas no exterior como tamén a recepción de estudantes doutras universidades europeas adheridas ao programa.

A mobilidade do programa de Erasmus+ comezou a ser aplicada no curso universitario 2011/2012 na VERN'.

Porén, a Universidade de Vigo mesmo, firmou un convenio de mobilidade de Erasmus+ coa Veleučilište VERN' no ano 2014, dando lugar a que os estudantes e docentes se beneficiasen por primeira vez deste programa europeo no curso universitario 2015/2016. Isto foi só para os estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e a Escola Universitaria de Estudos Empresariais. O convenio entre ámbalas dúas universidades ten unha duración prevista desde o ano 2014 até o 2021, podéndose ampliar a máis anos a posteriori.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "nacional.hr". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2016. 
  2. scribd.com.hr
  3. EFMD
  4. UBI
  5. scribd.com
  6. "nacional.hr". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2016. 
  7. istud.it
  8. eobrazovanje.mingorp.hr
  9. "European Commission". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2016. 
  10. Acordo interinstitucional UVIGO-VERN' 2014-2021

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

[1] Ligazón á web oficial da Universidade de Ciencias Aplicadas VERN - University of Applied Sciences VERN' (en inglés).