Vasculite
Aparencia
| Vasculite | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||||
|
Síntomas
| |||||||||||||||||||
|
Localización anatómica
| |||||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||

O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo.
Patoxenia
[editar | editar a fonte]O dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son:
- Inflamación de orixe inmunitaria;
- Mediadas polo sistema do complemento
- Mediadas por anticorpos (síndrome de Goodpasture)
- Mediadas por inmunidade celular
- Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos;
- Bacterias: Neisseria
- Rickettsia: febre das montañas rochosas
- Espiroquetas: sífilis
- Fungos: asperxilose
- Virus: virus varicela zóster
Cadro clínico
[editar | editar a fonte]As vasculites amosan unha gran variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos:
- Vasculite de grandes vasos:
- Arterite de células xigantes (Arterite da temporal)
- Arterite de Takayasu
- Vasculite de vasos medios:
- Vasculite de vasos pequenos:
- Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s:
- Polianxeíte microscópica
- Granulomatose de Wegener
- Síndrome de Churg-Strauss
- Vasculite ANCA positiva por mor de drogas
- Por mor da presenza de inmunocomplexos:
- Outras vasculites de vasos pequenos
