Saltar ao contido

Asperxilose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asperxilose
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Imaxe histopatolóxica de asperxilose pulmonar invasiva en paciente con pneumonía intersticial. Material de necropsia. Tintura prata metenamina Grocott.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0f95d9 Editar o valor en Wikidata
MeSHD001228 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC2886 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB001326 Editar o valor en Wikidata
CIE-111913468488 Editar o valor en Wikidata
CIE-10B44 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001326 Editar o valor en Wikidata
eMedicine296052 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776391196 e C2910935011 Editar o valor en Wikidata
KEGGH01328 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Coñécese como asperxilose[1] todas aquelas doenzas producidas polos fungos do xénero Aspergillus. Aínda que o máis frecuente é Aspergillus fumigatus, existen outros potenciais patóxenos, como Aspergillus flavus, Aspergillus niger, Aspergillus nidulans ou Aspergillus terreus.

Os Aspergillus son fungos saprofitos e ubicuos, de distribución universal. Infeccións por Aspergillus son moi infrecuentes agás en persoas suxeitas a inmunosupresión. A transmisión ocorre por inhalación das esporas, aínda que se describiron casos de infección por autoinoculación. Patoxenicamente, invaden os vasos sanguíneos, producindo trombose e consecuente isquemia, necrose, edema e hemorraxias.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Entre os fármacos antifúnxicos máis empregados atópanse o voriconazol, o itraconazol, a anfotericina B e a caspofunxina. Nos casos de asperxilose invasiva, combínanse o voriconazol e a anfotericina B, até a resolución da doenza. Na asperxilose broncopulmonar alérxica, o tratamento de elección combina corticoide con itraconazol.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asperxilose.
  2. Herbrecht R, Denning D, Patterson T, Bennett J, Greene R, Oestmann J, Kern W, Marr K, Ribaud P, Lortholary O, Sylvester R, Rubin R, Wingard J, Stark P, Durand C, Caillot D, Thiel E, Chandrasekar P, Hodges M, Schlamm H, Troke P, de Pauw B; Grupo de infecciones fúngicas invasivas; European Organisation for Research and Treatment of Cancer and the Global Aspergillus Study Group. "Voriconazole vs. anfotericina B for primary therapy of invasive aspergillosis.". N Engl J Med 347 (6). PMID 12167683.