Van der Graaf Generator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Van der Graaf Generator
Van der Graaf Generator en 2009
OrixeManchester, Inglaterra Inglaterra
Período1967 - 1972
1975 - 1978
2005 - presente
Xénero(s)rock progresivo, rock experimental, art rock
Selo(s) discográfico(s)Mercury, Charisma, Fontana, Vertigo, Probe, Dunhill, Virgin
MembrosPeter Hammill
Hugh Banton
Guy Evans
Antigos membrosChris Judge Smith
Nick Pearne
Keith Ellis
Nic Potter
David Jackson
Graham Smith
Charles Dickie
Na rede
http://www.sofasound.com/
Facebook: vandergraafgeneratorband MySpace: nutteralert Spotify: 02frazNrWgZCxUEf4UTfHt iTunes: 13743816 Last fm: Van+der+Graaf+Generator Musicbrainz: b892f72d-05e2-4ff7-b863-3d5dec6331fd Songkick: 7470 Discogs: 308690 Allmusic: mn0000257544 Deezer: 5154 Genius: Van-der-graaf-generator Editar o valor em Wikidata

Van der Graaf Generator é unha banda inglesa de rock progresivo formada no ano 1967 en Manchester polos cantantes e compositores Peter Hammill e Chris Judge Smith e foi o primeiro artista en ser fichado polo selo Charisma Records. O grupo non tivo moito éxito comercial no Reino Unido, pero fíxose popular en Italia nos anos 70. En 2005 a banda reformouse e aínda segue activa cunha formación composta por Hammill, o organista Hugh Banton e o batería Guy Evans.

A banda fundouse na Universidade de Manchester, pero estableceuse en Londres onde asinaron con Charisma. O grupo pasou por varias encanacións nos seus primeiros anos, separándose brevemente en 1969. Cando regresou conseguiu un pequeno éxito comercial con The Least We Can Do Is Wave to Each Other (publicado a principios de 1970 e o seu único álbum en entrar nas listas británicas), e despois do seu segunte disco, H to He, Who Am the Only One (decembro de 1970), estabilizouse ao redor dunha formación composta por Hammill, Banton, Evans e o saxofonista David Jackson. Posteriormente o cuarteto conseguiu un significativo éxito en Italia co lanzamento de Pawn Hearts en 1971. Tras varias longas xiras por Italia a banda separouse en 1972. O grupo reformouse en 1975, editando Godbluff e xirando habitualmente por Italia novamente, antes dun gran cambio de formación e de pasar a chamarse Van der Graaf. A banda separouse outra vez en 1978. Tras moitos anos, a banda reuniuse para un concerto no Royal Festival Hall e unha curta xira en 2005. Dende entón, a banda continuou como un trío formado por Hammill, Banton e Evans, gravando e xirando con regularidade.[1]

Os álbums do grupo teñen unha atmosfera, tanto lírica como musical, máis escura que a de moitos dos seus compañeiros do rock progresivo (un trazo que compartía con King Crimson, cuxo guitarrista Robert Fripp colaborou en dous dos seus álbums), e os solos de guitarra son unha excepcións e non o habitual, preferindo usar o órgano de Banton con influencias clásicas, e, ata a súa marcha, os múliples saxofóns de Jackson. Aínda que Hammill é o principal compositor, e os membros colaboraron nos seus álbums en solitario, a banda organiza todo o seu material de xeito colectivo. As letras de Hammill falan de mortaidade, debido ao seu amor por escritores de ciencia ficción como Robert A. Heinlein e Philip K. Dick, xunto coa súa confesa natureza retorcida e obsesiva. A súa voz ten sido un compoñente distintivo da banda durante toda a súa carreira, sendo descrito como "un Nico masculino". Aínda que polo xeral non tivo éxito comercial, a banda inspirou a moitos músicos de distintos xéneros.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Aerosol Grey Machine 1969 Mercury Records/Fontana Records
The Least We Can Do Is Wave to Each Other 1970 Charisma Records/Probe Records
H to He, Who Am the Only One 1970 Charisma Records/Dunhill Records
Pawn Hearts 1971 Charisma Records
Godbluff 1975 Charisma Records/Mercury Records
Still Life 1976 Charisma Records/Mercury Records
World Record 1976 Charisma Records/Mercury Records
The Quiet Zone/The Pleasure Dome 1977 Charisma Records/Mercury Records
Present 2005 Charisma Records
Trisector 2008 Virgin Records/EMI
A Grounding in Numbers 2011 Esoteric
ALT 2012 Esoteric
Do Not Disturb 2016 Esoteric

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Van der Graaf Generator Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.