Valentino Mazzola
Valentino Mazzola | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Valentino Mazzola | ||
Nacido | 26 de xaneiro de 1919 | ||
Lugar | Cassano d'Adda | ||
Falecido | 4 de maio de 1949 | ||
Lugar | Superga | ||
Altura | 170 centímetros | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1938–1939 | Alfa Romeo | ||
1939–1942 | Venezia | 61 | (12) |
1942–1949 | Torino | 204 | (118) |
Selección nacional | |||
1942–1949 | Italia | 12 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Valentino Mazzola, nado en Cassano d'Adda (Milán) o 26 de xaneiro de 1919 e finado en Superga o 4 de maio de 1949, foi un futbolista italiano. Era o capitán do Torino e como os seus compañeiros de equipo, morreu no Desastre aéreo de Superga. Foi internacional coa selección italiana.
Xuventude[editar | editar a fonte]
Á idade de dez anos, Mazzola salvou a vida de Andrea Bonomi, que máis tarde sería defensa do A.C. Milán, rescatándoo dun río no que estivo a piques de afogar.
O primeiro equipo no que xogou foi o da fábrica de Alfa Romeo en Milán, onde el traballaba antes da Segunda Guerra Mundial. No ano 1939, Mazzola foi chamado a filas, ficando na cidade de Venecia por un tempo. Alí comezou a xogar no Venecia A.C.
Carreira[editar | editar a fonte]
A carreira de Mazzola comeza no Venecia A.C., conseguindo no campionato de Copa en 1941 e un terceiro posto na liga ao ano seguinte.
O 5 de abril de 1942 debuta coa selección italiana anotando un gol. Pouco despois marchará ao Torino.
Co seu novo club gañou a liga de 1943. En 1946 repetiron éxito cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado, o Inter. Ao ano seguinte tamén se alzaron co título esta vez sacándolle 10 puntos á Juventus. En 1948 no só gañaron a liga de novo, con 16 puntos de vantaxe ao Milán senón que o club lle deu á selección 10 dos 11 titulares que xogaron contra Hungría. Mazzola xogou 12 encontros con Italia.
Na tempada 1948-49, o Torino gañou o seu último título ata 1976.
En total Mazzola anotou 109 goles entre o Venecia e o Torino en 8 anos.
Familia[editar | editar a fonte]
O seu primeiro fillo, Sandro Mazzola naceu o 8 de novembro de 1942 xusto ao chegar a Turín. Tamén chegaría a ser un grandísimo xogador tanto do Inter de Milán como da selección italiana.
Desastre[editar | editar a fonte]
Mazzola e o resto dos seus compañeiros do equipo volvían de xogar un encontro en Lisboa cando, a causa do mal tempo, o avión onde viaxaban estrelouse na localidade italiana de Superga. Non sobrevivíu ninguén, e o equipo do Torino pasó a ter un só xogador, o único que non foi a Portugal.
Citas[editar | editar a fonte]
Sobre Mazzola
- “ El é a metade do equipo. A outra metade somos o resto de nós.” (Mario Rigamonti).
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- A José Altafini, grande xogador do Brasil e do AC Milan, chamábanlle 'Mazzola' en lembranza a Valentino.