Saltar ao contido

Valentín Solagaistua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentín Solagaistua

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1937 Editar o valor en Wikidata
Getxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 2011 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Algorta, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1644039

Valentín Solagaistua Canales, nado en Algorta, Getxo, en 1937 e finado en Getxo10 de maio de 2011, foi un político do País Vasco.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Pertenceu a Euskadi Ta Askatasuna durante a ditadura franquista. Estivo encarcerado durante catro anos e logo partiu ó exilio, a Venezuela, onde entrou en contacto con históricos dirixentes de Acción Nacionalista Vasca, como Pello Irujo ou Gonzalo Nárdiz, a través dos cales entrou no partido, chegando a ser secretario xeral do mesmo.[2][3]

Tras a morte de Franco volveu a España, sendo o secretario xeral da formación durante case cinco anos na Transición. En representación do seu partido formou parte dalgúns organismos unitarios da oposición antifranquista no País Vasco.[4][5] Participou tamén nas conversacións de Chiberta entre todas as forzas do nacionalismo vasco, nas que ETA pretendía formar unha "fronte nacional" rupturista que boicotease as eleccións, que foi rexeitado por case todas as forzas políticas, incluída ANV.[6] Como resultado das conversacións, formou parte da delegación de alcaldes que se entrevistou con Adolfo Suárez reclamando a amnistía.[7]

Tras os malos resultados de ANV nas eleccións xerais de 1977, nas que Solagaistua foi candidato por Biscaia, ANV entrou en 1978 na Mesa de Alsasua xunto a outras formacións nacionalistas vascas de esquerda (ESB-PSV, HASI, LAIA), dando lugar á coalición Herri Batasuna (HB).[8][9] Nas eleccións xerais de 1979, Solagaistua foi candidato de Herri Batasuna por Biscaia, sen obter escano.[10]

No V Congreso de ANV, celebrado en xullo de 1979, chocaron as dúas correntes internas de ANV, a que era máis fiel ós principios tradicionais e históricos do partido e a partidaria de HASI e da Alternativa KAS. Soagaistua dimitiu do seu cargo tras sentirse ameazado, segundo explicou anos despois.[11] Josu Aizpurua, afín ás teses da KAS, foi entón elixido secretario xeral do partido.[12] Malia dimitir como secretario xeral, Solagaistua seguiu ocupando o seu posto como concelleiro en Getxo[13] e como deputado foral na Deputación Foral de Biscaia, postos para os que fora elixido nas eleccións municipais e forais de 1979.

Posteriormente pasou ó Partido Comunista de Euskadi[2] formando parte de Ezker Batua, formación pola que foi candidato en diversos procesos electorais na década dos noventa. Máis tarde pasou ó Partido Socialista de Euskadi, polo que foi candidato a alcalde en Sopelana nas eleccións municipais de 2007, resultando elixido concelleiro.[14][15]

No 2003, publicou o libro Getxo, historia de sus gentes.[16]

  1. Noticia del óbito, Diario Vasco, 10 de maio de 2011.
  2. 2,0 2,1 Valentín Solagaistua: "Con esta ANV no se puede ir ni a misa", El País, 18 de maio de 2008.
  3. Fallece el histórico político Valentín Solagaistua Arquivado 28 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Gara, 9 de maio de 2011.
  4. Relación de los participantes, El País, 5 de setembro de 1976.
  5. Restablecimiento de la autonomía, petición vasca, Diario 16, 11 de febreiro de 1977.
  6. Treinta años de Txiberta[Ligazón morta], Deia, 30 de abril de 2007.
  7. Políticos y alcaldes vascos pedirán en Madrid la amnistía, El País, 10 de maio de 1977.
  8. Candidatos a las elecciones generales de 1977, La Vanguardia, 11 de maio de 1977.
  9. Batasuna, casi 25 años representando a la izquierda abertzale Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Vanguardia, 17 de marzo de 2003.
  10. El PNV rechazó la celebración de elecciones municipales hace un año, El País, 24 de febreiro de 1979.
  11. Ander Landáburu. ""Con esta ANV no se puede ir ni a misa"". "Pasé miedo y podían haberme pegado un tiro" 
  12. Josu Aizpurúa, elegido secretario general de ANV, El País, 17 de xullo de 1979.
  13. "Resultados de las elecciones municipales de 1979 en Guecho". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  14. Pastor acompaña a Valentín Solagaistua en Sopelana, Deia, 18 de maio de 2007.
  15. Concejales del Ayuntamiento de Sopelana.
  16. Gentes de Getxo han comerciado con esclavos, El País, 4 de maio de 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]