Saltar ao contido

Gonzalo Nárdiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Nárdiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Bermeo Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 2003 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Bilbao Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Editar o valor en Wikidata

Gonzalo Nárdiz Bengoechea, nado en Bermeo o 25 de novembro de 1905, e finado en Bilbao no 2003, foi un político vasco, de ideoloxía nacionalista vasca que chegou a ser Conselleiro de Agricultura no Goberno de Euskadi durante a Segunda República.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante de Acción Nacionalista Vasca dende a súa fundación, foi concelleiro de Bermeo e Conselleiro de Agricultura do primeiro goberno autonómico vasco constituído o 7 de outubro de 1936. Durante a Guerra Civil foi Comisario de Abastos e Armamento. Exiliouse en Francia, aínda que pasou un tempo en México. Até 1979, cando se forma o Goberno Vasco despois da transición política posterior ao franquismo, mantivo o seu posto de conselleiro no exilio (como conselleiro de Agricultura até 1952, sen carteira desde entón).

En recordo á súa traxectoria á fronte da Consellería, establecéronse polo Goberno Vasco os Premios Gonzalo Nárdiz de etoloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]