Val do Tiétar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Ávila | ||||
O Val do Tiétar,[1] é unha bisbarra de montaña situada ao sur da Serra de Gredos (serra pertencente ao Sistema Central) e á cidade de Arenas de San Pedro, no sur da provincia de Ávila )é o maior núcleo de poboación. Outras localidades importantes desta bisbarra son Candeleda e Sotillo de la Adrada. Limita ao oeste con La Vera (Cáceres), ao norte co Alto Tormes e Alto Alberche (Ávila), ao sur co Campo Arañuelo (Cáceres) e a Terra de Talavera (Toledo) mediante a Serra de San Vicente, e ao oeste co Val do Alberche (Madrid e Toledo). e o Bajo Alberche (Toledo).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A bisbarra de Areas de San Pedro ten paisaxes de montaña, con pequenos regatos e abundante vexetación. Encádrase na serra de Gredos, con montañas superiores aos dous mil metros de altitude.
Está cruzada ao sur, de leste a oeste, polo río Tiétar, afluente do Texo.
Espazos Naturais
[editar | editar a fonte]- O sur do Parque Rexional da Serra de Gredos.
- Paraxe natural Fuente Helecha, en Casavieja.
Concellos
[editar | editar a fonte]Esta bisbarra contén algunhas localidades con arquitectura popular, como por exemplo, Candeleda. Algúns dos monumentos máis importantes desta bisbarra son o santuario de San Pedro de Alcántara, en Arenas de San Pedro; o palacio de la Mosquera en Arenas de San Pedro; o santuario da Noosa Señora de Chilla, en Candeleda; o castro celta de El Raso; o castelo de Don Álvaro de Luna, en Arenas de San Pedro; o castelo dos Condes de Alburqueque, en Mombeltrán, e o castelo de ''La Adrada''.
A bisbarra do Val do Tiétar consta de vinte e catro municipios:
Número de concellos en función do número de habitantes (ano 2006). | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º de habitantes | de 1 a 50 | de 51 a 100 | de 101 a 200 | de 201 a 500 | de 501 a 1.000 | maior de 1.000 | total | ||||||||||||
N.º de concellos | 0 | 0 | 1 | 4 | 10 | 9 | 24 |
Concello | Superficie (km²) | Hab. |
---|---|---|
La Adrada | 58,67 | 2.385 |
El Arenal | 27,08 | 1.088 |
Arenas de San Pedro | 194,85 | 6.933 |
Candeleda | 213,90 | 5.137 |
Casavieja | 39,25 | 1.663 |
Casillas | 11,96 | 815 |
Cuevas del Valle | 19,17 | 559 |
Fresnedilla | 24,53 | 102 |
Gavilanes | 29,16 | 675 |
Guisando | 37,38 | 620 |
Higuera de las Dueñas | 35,18 | 321 |
El Hornillo | 24,22 | 390 |
Lanzahíta | 33,67 | 970 |
Mijares | 46,92 | 874 |
Mombeltrán | 49,92 | 1.145 |
Navahondilla | 14,09 | 311 |
Pedro Bernardo | 69,01 | 1.136 |
Piedralaves | 55,25 | 2.169 |
Poyales del Hoyo | 3,38 | 598 |
San Esteban del Valle | 37,00 | 890 |
Santa Cruz del Valle | 29,62 | 534 |
Santa María del Tiétar | 11,95 | 501 |
Sotillo de la Adrada | 43,96 | 4.413 |
Villarejo del Valle | 41,60 | 463 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ASAJA Castela e León. Bisbarras de Ávila. Val do Tiétar Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abad Soria, Jesús; García Quiroga, Fernando; Cepeda Serna, Cristina (2007). "La situación de los incendios en el Valle del Tiétar" (PDF). Observatorio Medioambiental (10): 123–143. ISSN 1139-1987. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- Rodríguez Cardeña, Ángel; García García, Valeriano (2008). Colegio Público Nuestra Señora de la Asunción (Ávila), ed. "Comarcas de Ávila". Ávila. ISSN 0425-0850. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- Organización Sindical Española Servicio de Estadística, ed. (1976). Las comarcas en la provincia de Ávila. Madrid. p. 297. ISBN 978-84-400-2108-3.