Saltar ao contido

Vaclaŭ Anoška

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVaclaŭ Anoška
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Paplaŭščyna Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Voivodato de Mazovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata

Vaclaŭ Anoška (en belaruso: Вацлаў Аношка), nado o 14 de marzo de 1899 en Paplaŭščyna (hoxe no distrito de Mahilioŭ, rexión de Mahilioŭ, Belarús) e finado o 18 de febreiro de 1966 en Robercin (concello de Piaseczno, Polonia), foi un sacerdote greco-católico belaruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia acomodada de tradición greco-católica na vila de Paplaŭščyna, preto de Bychaŭ. Estudou no Seminario Teolóxico de Minsk, e o 1 de novembro de 1924 foi ordenado sacerdote de rito latino polo bispo de Pinsk, Zygmunt Łoziński, en Navahrudak.

Cando estaba no seminario xa se interesara polo rexurdir da unión de Brest, e en 1924, mentres estudaba en Lublin, viaxou a Galicia para formarse no rito oriental nun mosteiro greco-católico estudita. En 1926, logo de formarse na misión dos xesuítas, obtivo as licenzas para traballar no rito bizantino, comezando na diocese de Pinsk.

Inicialmente exerceu o seu ministerio en Lyakhavičy, onde fixo campaña entre os fregueses a prol da lingua belarusa, animando especialmente aos mozos e cativos a que a empregasen na confesión e non tivesen vergoña dela. Posteriormente pasou a atender dúas parroquias greco-católicas da zona de Aĺpeń, preto de Davyd-Haradok, ás que acudía a miúdo tamén o seu amigo Piotr Tatarynovič, tamén sacerdote greco-católico. Entre os greco-católicos chamábano Viačaslaŭ, forma oriental do seu nome. O escritor e sacerdote belaruso Jazep Hiermanovič, logo de visitar o seu labor, dedicoulle o poema "Унія на Палесьсі" (A unión en Polesia).

Entre 1935 e 1944 exerceu na parroquia greco-católica de Dzialiacičy, preto de Navahrudak, e foi un membro do equipo que estabeleceu en setembro de 1939 o exarcado apostólico bielorruso. A comezos da ocupación alemá viaxou a miúdo a Minsk a visitar a Stanislaŭ Hliakoŭski, párroco. Alí, xunto con outros sacerdotes belarusos (Dzianis Maliec, Kazimir Rybaltoŭski, Vincent Hadlieŭski) planificaron a revitalización da vida relixiosa en Minsk e a "belarusificación" do culto. Ameazado polos soviéticos, antes da súa chegada foi obrigado a marchar a Polonia.

En Polonia, logo da guerra, foi capelán dun convento preto de Varsovia. En setembro de 1959 acudiu a Varsovia como testemuña no proceso de beatificación de Zygmunt Łoziński.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]