VIII dinastía exipcia
Localización | |||
---|---|---|---|
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | IX dinastía exipcia | ||
A Oitava dinastía do antigo Exipto (VIII Dinastía) é unha liña de faraóns mal coñecida e de curta duración que reinou nunha rápida sucesión a principios do século XXII a.C., probablemente coa súa sede de poder en Menfis. A VIII Dinastía dominou nun momento coñecido como o final do Antigo Reino ou o comezo do Primeiro Período Intermedio. O poder dos faraóns diminuíu mentres o dos gobernantes provinciais, coñecidos como nomarcas, era cada vez máis importante, xa que o estado exipcio convertérase de facto nun sistema feudal. Malia as estreitas relacións entre os reis dos Menfitas e os poderosos nomarcas, especialmente os de Coptos, a VIII Dinastía foi finalmente derrocada polos nomarcas de Heracleópolis Magna, que fundaron a IX dinastía. A VIII Dinastía ás veces combínase coa VII Dinastía precedente, debido á falta de probas arqueolóxicas para esta última, poida que sexa ficticia.
Os exiptólogos estiman que a VIII Dinastía gobernou Exipto durante aproximadamente de 20 a 45 anos e propuxéronse diversas datas: 2190 - 2165 a.C.,[1] 2181 - 2160 a.C.,[2][3] 2191 - 2145 a.C.,[4] 2150 - 2118 a.C.[5]
Fontes
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]Fontes do Novo Reino
[editar | editar a fonte]Dúas fontes históricas que datan do Novo Reino listan faraóns pertencentes á VIII Dinastía. A máis antiga das dúas e principais fontes históricas da VIII Dinastía é a Lista Real de Abidos, escrita durante o reinado de Seti I. Os faraóns que figuran nas entradas 40 a 56 da lista real de Abidos sitúanse entre o final da VI dinastía do período do Antigo Reino e o comezo da XI dinastía do Reino Medio. Ademais, os nomes destes faraóns son diferentes dos coñecidos das dinastías IX e X, ningún dos cales está na lista de Abidos. Como consecuencia, as entradas 40 a 56 da lista asígnasen ás VII e VIII Dinastías.
A outra fonte do Novo Reino na VIII dinastía é a Lista real de Turín, que escribíuse durante o reinado de Ramsés II. O papiro de Turín copiouse dunha fonte anterior que, como demostrou o exiptólogo Kim Ryholt, estaba chea de lagoas e debía estar en mal estado. Ademais, o papiro de Turín está moi danado e non se pode ler sen moitas dificultades. En total hai tres nomes nos fragmentos de papiro que poderían asignarse a faraóns da VIII Dinastía. Estes son Netjerkare Siptah, outro nome difícil de ler e finalmente, o de Qakare Ibi, o 53º faraón da lista real de Abidos. Parece haber espazo para dous[6] ou tres[7][8] faraóns máis antes de que rematase a dinastía, como figura na lista. Isto indicaría que as partes desaparecidas da lista de Turín probablemente contiñan aos faraóns rexistrados do cincuenta e un ao cincuenta e cinco da Lista real de Abidos. Debido a que o papiro de Turín omite aos primeiros nove faraóns da lista de Abidos, W.C. Hayes cre razoable que os exipcios puidesen dividir nese momento as dinastías VII e VIII.[6]
Fonte tolemaica
[editar | editar a fonte]O sacerdote exipcio Manetón escribiu unha historia de Exipto durante o século III a.C. coñecida como a Aegyptiaca. A obra de Manetón non sobreviviu ata o día de hoxe e só a coñecemos por tres escritores posteriores que a citaron. Por desgraza, estas tres fontes son extremadamente difíciles de traballar. Por exemplo, moitas veces se contradín entre elas, como é o caso dos dous historiadores antigos, Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, que citan da sección de Aegyptiaca sobre a sétima e oitava dinastías. Africano afirma que a VII Dinastía constaba de 70 faraóns que gobernaron durante un período de setenta días en Menfis, e a VIII Dinastía constaba de 27 faraóns que reinaron durante 146 anos. Non obstante, Eusebio rexistra que durante a VII Dinastía cinco faraóns gobernaron durante setenta e cinco días, e a VIII Dinastía inclúe cinco faraóns que gobernaron durante 100 anos. Setenta faraóns en setenta días normalmente considérase a versión correcta de Manetón sobre a VII Dinastía, pero probablemente non sexa un relato real da historia. Ao contrario, isto interpretase como que os faraóns deste período foron extremadamente efémeros e que a utilización de setenta pode ser un xogo de palabras sobre o feito hecho de que esta fose a Sétima Dinastía de Manetón.[9] Debido a que Manetón non proporciona datos históricos reais sobre este período e non apareceron evidencias arqueolóxicas para a Sétima Dinastía, moitos exiptólogos argumentaron que esta dinastía é ficticia.[10] No que se refire á VIII Dinastía, agora acéptase que a estimación de Manetón para a súa duración é unha sobreestimación moi substancial da realidade. [8]
Evidencia contemporánea
[editar | editar a fonte]As principais evidencias arqueolóxicas para os faraóns da VIII Dinastía son os decretos reais descubertos en Coptos, que nomean a algúns dos últimos faraóns da dinastía. Outras probas dos primeiros faraóns da dinastía proveñen de tumbas en Saqqara, en particular a pirámide de Qakare Ibi en Saqqara. Máis aló diso, hai inscricións reais atopadas en Wadi Hammamat e no Alto Exipto, ademais doutras non reais do Alto Exipto.[8] [11][12]
Fin do Antigo Reino e declive ao caos
[editar | editar a fonte]A VIII Dinastía clasificouse tradicionalmente como a primeira dinastía do Primeiro período intermedio debido á natureza efémera dos reinados dos seus faraóns, así como á escaseza de probas contemporáneas, deixando entrever unha caída do estado no caos. A reavaliación recente das probas arqueolóxicas demostrou unha forte continuidade entre a Sexta e a Oitava Dinastías, polo que o exiptólogo Hratch Papazian propuxo que a Oitava Dinastía máis que a Sexta debería verse como a última do período do Antigo Reino.[8]
Dado que cinco faraóns da VIII dinastía levaron o nome de trono de Pepi II Neferkare como parte dos seus propios nomes, quizais fosen descendentes da VI Dinastía, que estaban intentando manter algún tipo de poder.[13] Algúns dos actos dos últimos catro faraóns da VIII dinastía finais están rexistrados nos seus decretos a favor de Shemay, un poderoso visir durante este período, aínda que só Qakare Ibi pode conectarse a calquera construción monumental. A súa pirámide atopouse en Saqqara preto da de Pepi II e, do mesmo xeito que os seus predecesores, tiña os Textos da pirámide escritos nas paredes. [13]
Sen importar cántos faraóns houbo en realidade, está claro que durante este período estaba en marcha un colapso da autoridade central de Exipto. Os gobernantes destas dinastías tiñan a súa base en Menfis e parece que confiaron no poder dos nomarcas de Coptos, aos que concederon títulos e honras. Isto non debeu valer de nada porque a VIII Dinastía foi derrocada por un grupo rival con sede en Herakleopolis Magna.
Faraóns
[editar | editar a fonte]Dada a falta de probas para a VII Dinastía, todos os faraóns mencionados na lista real de Abidos nas entradas posteriores á de Merenre Nemtyemsaf II e anteriores á Montuhotep II[4] normalmente atribúense á VIII Dinastía. Seguindo a Jürgen von Beckerath, son:
Nome | Comentarios |
---|---|
Netjerkare Siptah | Ás veces clasificado como o último faraón da VI dinastía. Posiblemente idéntico a Nitocris. |
Menkare | Posiblemente testemuñado por un relevo na tumba da raíña Neit. |
Neferkare II | - |
Neferkare Neby | Planificou ou iniciou a pirámide "Neferkare Neby está perdurando a vida", posiblemente en Saqqara. |
Djedkare Shemai | - |
Neferkare Khendu | - |
Merenhor | - |
Neferkamin | - |
Nikare | Testemuñable por un selo cilíndrico.[14] |
Neferkare Tereru | - |
Neferkahor | Tesetemuñado por un selo cilíndrico. |
Neferkare Pepiseneb | O canon Turín otorgalle polo menos un ano.[15] |
Neferkamin Anu | |
Qakare Ibi | O canon de Turín dálle un goberno de dous anos, un mes e un día.[16] Testemuñado pola súa pirámide en Saqqara. |
Neferkaure | O canon de Turín dálle un goberno de 4 anos e 2 meses,[16] testemuñado por un decreto sobre o templo de Min.[17] |
Khwiwihepu Neferkauhor | O canon de Turín dálle un goberno de 2 anos, 1 mes e 1 día,[16] testemuñado por oito decretos sobre o templo de Min,[18][19][20] e unha inscrición na tumba do visir Shemay.[21] |
Neferirkare | O canon de Turín dálle un goberno de 1 ano e medio.[16] Quizais sexa idéntico a un dos dous ou a ambos, Horus Demedjibtawy e Wadjkare. En caso afirmativo, tense constancia por un decreto sobre o templo de Min. |
O exiptólogo Hracht Papazian cre que unha reconstrución dá demasiado peso ao relato de Manetón, segundo o cal a VII Dinastía é esencialmente ficticia e unha metáfora do caos. En troques, Papaz propón que os primeiros faraóns precedentes inmediatos de Pepi II deberían ser atribuídos á Sexta Dinastía, mentres que os predecesores pertencen a unha sétima dinastía de curta duración. A oitava dinastía só comezaría co ben testemuñado Qakare-Ibi:
Nome |
---|
Qakare Ibi |
Neferkaure |
Khwiwihepu Neferkauhor |
Nome perdido |
Neferirkare |
Ademais, a identidade e posición cronolóxica e alcance do gobernoo dos seguintes gobernantes é moi incerto: Wadjkare, Khuiqer, Khui e Iytjenu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redford, Donald B., ed. (2001). "Egyptian King List". The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt, Volume 2. Oxford University Press. pp. 626–628. ISBN 978-0-19-510234-5.
- ↑ Shaw, Ian, ed. (2000). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford University Press. p. 480. ISBN 0-19-815034-2.
- ↑ Peter Clayton: Chronicle of the Pharaohs, Thames Hudson Ltd, second printing edition 1994, ISBN 978-0500050743, available online, see p. 70
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Jürgen von Beckerath: Handbuch der ägyptischen Königsnamen, Münchner ägyptologische Studien, Heft 49, Mainz : Philip von Zabern, 1999, ISBN 3-8053-2591-6, see pp.66–71, and p. 284 for the datation of the 8th Dynasty.
- ↑ Thomas Schneider in Erik Hornung, Rolf Krauss and David A. Warburton (editors): Ancient Egyptian Chronology, Handbook of Oriental Studies, Brill 2012, ISBN 978-90-04-11385-5, available online copyright-free, see p. 491
- ↑ 6,0 6,1 Smith, W. Stevenson. The Old Kingdom in Egypt and the Beginning of the First Intermediate Period, in The Cambridge Ancient History, vol. I, part 2, ed. Edwards, I.E.S, et al. p.197. Cambridge University Press, New York, 1971
- ↑ Ryholt, Kim (2000). "The Late Old Kingdom in the Turin King-list and the Identity of Nitocris". Zeitschrift für Ägyptische Sprache und Altertumskunde (see p. 88, fig. 1 and p. 91) 127 (1): 87–119. ISSN 2196-713X.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Hratch Papazian (2015). "The State of Egypt in the Eighth Dynasty". En Peter Der Manuelian; Thomas Schneider. Towards a New History for the Egyptian Old Kingdom: Perspectives on the Pyramid Age. Harvard Egyptological Studies. BRILL.
- ↑ Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. p.138. Librairie Arthéme Fayard, 1988.
- ↑ Jürgen von Beckerath, Handbuch der ägyptischen Königsnamen. Münchner ägyptologische Studien (en alemán). 49. Mainz: Philip von Zabern. ISBN 978-3-8053-2591-2.
- ↑ Couyat, J.; Montet, Pierre. Les inscripciones hiéroglyphiques et hiératiques du Ouâdi Hammâmât. Mémoires publiés par les membres de l'Institut français d'archéologie orientale du Caire 34. Cairo: Institut français d'archéologie orientale du Caire. pp. 168–169, 188, 206–209 (ver inscripciones). OCLC 920523964.
- ↑ Kamal, Ahmed Bey (1912). "Fouilles à Dara et à Qoçéîr el-Amarna". Annales du Service des Antiquités de l'Égypte: p. 132.
- ↑ 13,0 13,1 Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. p.140. Librairie Arthéme Fayard, 1988.
- ↑ Peter Kaplony: Die Rollsiegel des Alten Reichs, vol. 2: Katalog der Rollsiegel, (= Monumenta Aegyptiaca. Vol. 3), La Fondation Égyptologique Reine Élisabeth, Brüssel 1981, issue 144.
- ↑ Kim Ryholt: "The Late Old Kingdom in the Turin King-list and the Identity of Nitocris", Zeitschrift für ägyptische, 127 (2000), p. 91
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 Jürgen von Beckerath: "The Date of the End of the Old Kingdom of Egypt", Journal of Near Eastern Studies 21 (1962), p. 143
- ↑ The decree on the catalog of the MET
- ↑ Darrell D. Baker: The Encyclopedia of the Pharaohs: Volume I - Predynastic to the Twentieth Dynasty 3300–1069 BC, Stacey International, ISBN 978-1-905299-37-9, 2008, p. 271-272
- ↑ William C. Hayes: The Scepter of Egypt: A Background for the Study of the Egyptian Antiquities in The Metropolitan Museum of Art. Vol. 1, From the Earliest Times to the End of the Middle Kingdom , MetPublications, 1978, pp.136-138, available online
- ↑ The fragments of the decrees on the catalog of the MET: fragment 1, 2 and 3.
- ↑ Nigel C. Strudwick, Ronald J. Leprohon ed.: Texts from the Pyramid Age, see pp.345-347, available online
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: VIII dinastía exipcia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía, Reis e Reinos: VIII Dinastía de Exipto Arquivado 20 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
Dinastía precedente | Dinastía | Dinastía seguinte |
---|---|---|
Sétima Dinastía | Oitava Dinastía | Novena Dinastía |