Saltar ao contido

Baixa Época

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Período tardío de Exipto»)
Baixa Época
Historia antiga de Exipto Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data de comezo
664 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
332 a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Terceiro Período Intermedio (1077 a. C. - 656 a. C.) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Reino Ptolemaico (305 a. C. - 30 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/06d75l Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Coñécese como Baixa Época ao período entre a conquista asiria do Antigo Exipto até a chegada de Alexandre Magno (664 - 323 a. C.).

O rei asirio Assurbanipal (660 - 627 a. C.) estableceu un maior control (desde o 671 a. C. Menfis caera e o país pagáballe un tributo) apoiando ao gobernador de Sais, Neco I (672 - 664 a. C.), quen se enfrontou aos nubios. Pero o fillo deste, Psammético I, aproveitando que Assurbanipal marchara reprimir unha rebelión en Babilonia, liberouse da súa tutela e unificou o reino. Psammético I foi o primeiro faraón que empregou mercenarios gregos e carios.

A prosperidade aumentou, especialmente no delta, e xa na XXVI dinastía tentouse controlar Palestina aproveitándose da decadencia asiria: Neco II combateu en Siria, rexeitou un ataque do rei babilonio Nabucodonosor (604 - 562 a. C.) e construíu unha frota no Mediterráneo e outra no mar Vermello, ao tempo que tentaba enlazar o Nilo e o mar Vermello mediante unha canle. Apries (589 - 570 a. C.) apoiou tamén aos pequenos estados palestinos contra Babilonia e aceptou aos exilados xudeus que fuxían do cativerio. Tentou reprimir aos colonos gregos de Cirene pero o xeneral que enviara, Amasis (570 - 526 a. C.) sublevouse e depúxoo.

Ao ano seguinte da morte deste, os persas invadiron e puxeron no trono a Cambises (525 - 522 a. C.), primeiro soberano da XXVII dinastía persa. Darío I rematou a canle de Neco II. Durante os 80 anos que seguiron á derrota persa contra os gregos en Maratón (ano 490 a. C.), os exipcios combateron por expulsar aos persas apoiándose nos gregos. En 404 a. C. Amirteo de Sais libertou o delta e catro anos máis tarde o resto do país. Os persas volveron dominar Exipto durante dez anos (343 - 333 a. C.), no que constituíu a XXXI dinastía.