Víctor Gulías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Gulías
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Para o xornalista véxase Víctor Gulías Vicioso.

Víctor Manuel Gulías Fernández, nado no Carballiño en 1970 e finado na Coruña o 28 de xaneiro de 2012,[1] foi un programador informático, empresario e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Víctor Gulías comezou a impartir clase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña na década de 1990, onde comezou sendo profesor axudante e acadou a praza de titular. Doutorouse en 2001 por esa mesma universidade.

A partir de 2000 desenvolveu co seu equipo de investigación un sistema de vídeo baixo demanda programado con Erlang. En 2003 funda a empresa Lambda Stream, apoiándose nesa investigación, para desenvolver economicamente ese sistema de vídeo baixo demanda[2]. En catro anos a empresa conseguiu abrir oficinas en Dubai e Zúric, e facturar dous millóns de euros anuais, ata que os seus propietarios a venderon a un fondo de investimento suízo. Posteriormente desenvolveu o proxecto Syntheractive, unha plataforma para crear contidos televisivos 2D e 3D interactivos.

Galardóns[editar | editar a fonte]

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia concedeulle a título póstumo o Premio Traxectoria Profesional. Tamén a facultade onde impartía clase, a de Informática da Coruña, lle puxo o seu nome ao salón de graos.

Notas[editar | editar a fonte]