Utupua
Aparencia
Utupua | |
---|---|
Utupua vista satélite | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Temotu |
Arquipélago | Illas Santa Cruz |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 11°20′S 166°30′L / -11.333, -166.500 |
Xeografía | |
Superficie | 69 km² |
Longura máxima | 14 km. |
Largura máxima | 10 km. |
Punto máis alto | 378 m. Monte Royal (Monte Rautahnimba) |
Demografía | |
Capital | Nembao |
Poboación | 1.169 (2009) |
Densidade | 16´93 hab./km² hab./km² |
Utupua é unha illa das Illas Santa Cruz, situada 66 km ao sueste do grupo principal das Illas, entre Vanikolo e Santa Cruz. Pertence administrativamente á provincia de Temotu, nas Illas Salomón.
Utupua é unha illa elevada rodeada dun arrecife de coral. Ten unha área de 69 km² e o seu punto máis alto é de 380 m.
Utupua posuía unha poboación de 848 habitantes en 1999, esparexida en pequenas poboacións. As principais poboacións da illa son Avita, Malombo, Tanimbili, Apakho e Nembao.