Usuario:Thepinkphink/Juan Guaidó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Ficha de autoridad Juan Gerardo Guaidó Márquez (La Guaira, Estado Vargas, 28 de xullo de 1983) é un enxeñeiro e político de Venezuela, deputado nacional polo partido Voluntad Popular na rexión do Estado Vargas. Exerce como presidente da Asamblea Nacional de Venezuela dende o 5 de Xaneiro de 2019, sendo este a persoa máis nova en ocupar devandito posto. A partires do 11 de Xaneiro de 2019, Juan Guaidó anunciou públicamente a asunción das responsabilidades do artigo 233 da constitución co obxetivo de convocar eleccións nacionais. Tras isto, surxiu unha controversia sobre se Guaidó asumira ou non a presidencia interina venezolana.

O día 23 de Xaneiro de 2019 asume a presidencia encargada de Venezuela co apoio da OEA, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Perú, Ecuador, Costa Rica, Canadá, Paraguai, Reino Unido e os Estados Unidos de América en paralelo a Nicolás Maduro, que non é recoñecido polo parlamento e por máis de 60 países.

Considerase a Guaidó como o líder da oposición chavista.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Guaidó comeza a súa carreira profesional graduándose no bacharelato de Ciencias no ano 200, xusto despois de vivir a traxedia de Vargas o ano anterior, 1999. No 2007 remata os seus estudos de pregrado na Universidade Católica Andrés Bello de Caracas, onde obtén o título de enxeñeiro industrial.

Ó rematar estos estudos dedicase a continuar a súa formación e obten dous títulos de posgrao, ambo-los dous en Xerencia Pública, un na George Washington University e outro no Instituto de Estudos Superiores de Administración.

Guaidó exerceu como representante da Facultade de Enxeñaría ante o Consello Xeral de Representantes Estudiantís (COGRES), membro da cátedra de honra e do programa de Liderazgo da UCAB. Ó mesmo tempo, é membro fundador e exerceu como secretario xeral do COGRES, participando activamente tamén como membro directivo do Centro de Estudiantes de Enxeñaría.

Está casado con Fabiana Rosales, coa que ten unha filla chamada Miranda. Reside actualmente en Macuto, Vargas, e é Oriundo da Parroquia Caraballeda.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Movemento estudantil[editar | editar a fonte]

Durante a súa etapa de estudante, dirixiu o Movemento Estudiantil Venezolano e as protestas polo fin da concesión de RCTV no 2007, dirixindo tamén as protestas polo referendo constitucional dese mesmo ano, xunto con Yon Goicoechea, Juan Requesens, Stalin González, Miguel Pizarro e Freddy Guevara. En 2009 convertese en membro fundador do partido Voluntad Popular xunto con Leopoldo López. Dentro do partido é coordinador do Estado Vargas e responsable nacional de organización.[1]

Precandidatura a gobernador[editar | editar a fonte]

Durante as eleccións primarias da Mesa de Unidade Democártáica de 2012, Juan Guaidó presentouse como pre-candidato a gobernador do Estado Vargas, manifestando que o primeiro que tiñan que facer no estado era construir unha alternativa propoñendo a creación dun tren elevado que conectase Caracas con La Guaira.

Na elección obtivo 5184 votos (18,1 %), enfrontándose a José Manuel Oliveirais de Primero Justicia, quen gañou a nominación con 17 547 votos (61,1 %).[2]

Xestión como deputado[editar | editar a fonte]

Nas eleccións de 2010 foi electo deputado, como suplente de Bernardo Guerra pra o período 2011-2016.[3] O 24 de xuño de 2015 é confirmado por Freddy Guevara, coordinador nacional encargado de Vontade Popular como candidato a deputado principal á Asemblea Nacional pola Mesa da Unidade Democrática (MUD) representando á circunscrición N.° 1 do Estado Vargas xunto a Milagres Eulate. A pesares diso, a compañeira de circunscrición de Guaidó sería Fabiola Colmenares, precandidata de VP, a cal perdeu nas primarias.[4] Nas eleccións, levadas a cabo o 6 de Decembro dese ano, resultou eleito coma deputado con 97 492 votos (26,01 %).[5]

Asumiu o cargo de deputado o 5 de xaneiro de 2016. Como parlamentario foi designado deputado suplente ao Parlamento Latinoamericano (PARLATINO) e vicepresidente da Comisión Permanente de Política Interior en 2016. Posteriormente, en 2017, pasou a ser presidente da Comisión Permanente de Contraloría. En 2018 é elixido como xefe da maioría opositora parlamentaria.[6][7]

Presidente da Asemblea Nacional[editar | editar a fonte]

Designación[editar | editar a fonte]

En Decembro de 2018 é confirmado polos membros do seu grupo político como presidente do órgano lexislativo, ocupando o cargo para o período do 5 de Xaneiro de 2019 ao 5 de Xaneiro de 2020. Da mesma maneira o primeiro vicepresidente é Edgar Zambrano, xefe da Fracción de Acción Democrática (AD) e o segundo vicepresidente é Stalin González de Un Nuevo Tiempo (UNT).[8][9][10]

No seu discurso como novo presidente do parlamento, falou dos presos políticos, da crise xeral que enfronta Venezuela, da corrupción, do éxodo venezolano e outros problemas importantes no país.[11][12] Guaidó confirmou que a Asemblea Nacional descoñecerá totalmente ao goberno de Nicolás Maduro a partir do 10 de xaneiro, día en que inicia o seu segundo período e lembrou que desde ese día en diante, o órgano lexislativo será o «único Poder lexítimo» que terá o pobo de Venezuela.[13][14][15]

Ante o suposto baleiro de poder, ou usurpación, segundo o artigo 233 da Constitución Nacional, o presidente da Asemblea Nacional —neste caso Juan Guaidó— deberá asumir a presidencia interina de Venezuela. Con todo, o deputado Juan Miguel Matheus afirmou que o parlamento non ten «poder de imperio pra executar esa decisión, porque Nicolás Maduro usurpa a Presidencia dende un trono de bayonetas, coa anuencia da forza militar».[16][17]

Cabildo aberto[editar | editar a fonte]

Países que recoñecen a Juan Guaidó como presidente interino:     Venezuela     Recoñecemento de Guaidó     Recoñecemento de Maduro











O 11 de xaneiro de 2019, Juan Guaidó asistiu a un cabildo aberto, fronte á sede do Programa das Nacións Unidas paira o Desenvolvemento (PNUD), en Caracas, lugar en que anunciou que asumirá as responsabilidades do artigo 233 da Constitución Nacional, paira convocar a novas eleccións:[18][19][20][21]

Asumiendo el deber que impone nuestra constitución en su artículo 333 , el cual obliga a todo venezolano, investido o no de autoridad, a luchar para restituir el orden constitucional […] lo que nos lleva a asumir claramente la presidencia
Juan Guaidó

Un par de horas máis tarde a Asemblea Nacional emitiu un comunicado de prensa en que anunciaba que Guaidó asumiría as competencias do cargo de presidente interino, con todo, o comunicado sería editado horas máis tardes.[22][23]

Apegándose a los artículos 333, 350 y 233 de la Constitución, el presidente de la Asamblea Nacional, diputado Juan Guaidó, asumió las competencias de la Presidencia de la República para, junto al pueblo venezolano y la Fuerza Armada Nacional, convocar un proceso de elecciones libres y transparentes que faciliten una transición pacífica y democrática en el país
Comunicado de la Asamblea Nacional

Guaidó recibiu apoio do secretario da Organización dos Estados Americanos, Luís Almagro quen dixo: «Saudamos a asunción de Juan Guaidó como Presidente interino de Venezuela conforme ao artigo 233 da Constitución Política. Ten o noso apoio, o da comunidade internacional e do Pobo de Venezuela».[24]

Detención e liberación[editar | editar a fonte]

O 13 de xaneiro de 2019, mentres se dirixía cara La Guaira, paira asistir ao Cabildo Aberto convocado paira ese día, foi interceptado por efectivos do Servizo Bolivariano de Intelixencia Nacional (SEBIN) e posteriormente detido, segundo informou a súa esposa, Fabiana Rosales; minutos máis tarde foi liberado.[25][26][27] O Grupo de Lima condenou o feito, do mesmo xeito que o secretario da Organización dos Estados Americanos (OEA), Luís Almagro.[28][29][30] O goberno atribuíu a que se realizou de maneira unilateral por parte dos funcionarios involucrados do SEBIN, sendo emitido una orde de captura ao Comisario do servizo de intelixencia Idelmaro Múcura sinalado como uno dos responsables; posteriormente anunciouse que os funcionarios implicados no incidente foran destituídos.[31] Respecto diso, Guaidó declarou que tras os sucesos demostrábase que había un crebe na cadea de mando das Forzas Armadas.[32]

Este suceso desatou una onda de comunicados onde se manifestaba a preocupación de varios organismos talles como o Grupo de Lima, a OEA, a Unión Europa, a ONU, e nacións como Uruguai, España, os países membros do GL e Estados Unidos.[33][34][35][36][37][38][39]

Presidencia de Venezuela[editar | editar a fonte]

Carta de Juan Guaidó ao Secretario de Estado de Estados Unidos, Mike Pompeo onde solicita axuda humanitaria inmediata paira Venezuela.

O 23 de xaneiro de 2019, realizouse un cabildo aberto na cidade de Caracas, en conmemoración dos 61 anos caída da ditadura de Marcos Pérez Jiménez, onde estivo presente Juan Guaidó quen, asumindo as atribucións do artigo 233 da Constitución Nacional, asumiu a presidencia interina de Venezuela.[40][41][42] Os obxectivos de Guaidó na presidencia serán o cesamento da suposta usurpación por parte de Nicolás Maduro, conformar un goberno de transición e convocar eleccións libres e democráticas no país.[43][44] Minutos despois do seu juramentación, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, recoñeceu a Guaidó como presidente interino quen dixo: «Hoxe estou oficialmente recoñecendo ao presidente da Asemblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó, como presidente interino de Venezuela».[45][46][47][48]

“Juro asumir formalmente las competencias del Ejecutivo nacional como el presidente encargado de Venezuela para lograr el cese de la usurpación, un gobierno de transición y tener elecciones libres”.
Juan Guaidó

O 24 de xaneiro de 2019, Guaidó enviou una carta ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, Mike Pompeo onde solicitou axuda humanitaria inmediata a Estados Unidos.[49] De igual forma asegurou que a Organización de Estados Americanos entregaría 20 millóns de dólares americanos en concepto de axuda humanitaria a Venezuela.[50]

Agresións físicas[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2017 durante unha marcha na avenida Francisco de Miranda, Guaidó foi agredido por efectivos da Garda Nacional Bolivariana e recibiu impactos de perdigones nas costas e pescozo, así mesmo expresou o seu rexeitamento á represión policial.[51][52][53] [[Categoría:Presidentes de Venezuela]] [[Categoría:Alumnos da Universidade Católica Andrés Bello]] [[Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas]]

  1. "Diputado por Vargas Juan Guaidó". 
  2. "Resultados de las primarias de la MUD 2012" (PDF). 
  3. Consejo Nacional Electoral. "Divulgación Elecciones Parlamentarias". 
  4. "Fabiola Colmenarez y Juan Guaidó serán los candidatos de Voluntad Popular en Vargas – Leopoldo López". 
  5. Consejo Nacional Electoral. "Divulgación Elecciones Parlamentarias". 
  6. "Dip. Juan Guaidó Presidente". 
  7. "Conoce a la nueva junta directiva de la Asamblea Nacional: Prensa Unidad Venezuela". 
  8. "Confirman que Juan Guaidó será el próximo presidente de la Asamblea Nacional". 
  9. "Defensa de Leopoldo López anuncia designación dedo del juez que conocerá apelación". 
  10. "Juan Guaidó afirmó que desconfía de auditoría a Pdvsa". 
  11. "Este fue el discurso de Juan Guaidó al asumir la Presidencia del Parlamento". 
  12. "Las frases más impactantes del discurso de Juan Guaidó". 
  13. "Lo que hará la Asamblea Nacional frente a la "usurpación" del 10 de enero". 
  14. "AN sesionará el 8 de enero sobre las acciones a tomar el 10 de enero". 
  15. "Guaidó: La AN debe generar condiciones para un gobierno de transición". 
  16. "Proyecto de ley para la transición desarrollará el artículo 333 para restituir la Constitución". 
  17. "AN presentó proyecto de ley que busca renovar los poderes públicos". 
  18. "Almagro: Saludamos la asunción de Guaidó como presidente interino del país". 
  19. "Juan Guaidó: en el cabildo abierto asumimos la presidencia legítima de Venezuela". 
  20. "Juan Guaido asume la presidencia del país en cabildo abierto y convoca elecciones". 
  21. "Almagro: Saludamos la asunción de Guaidó como presidente interino del país". 
  22. "Juan Guaidó asume Presidencia de la República, según comunicado oficial de la AN - Efecto Cocuyo". 
  23. "AN: Juan Guaidó asumió las competencias de la Presidencia de la República". 
  24. "Almagro: Saludamos la asunción de Guaidó como presidente interino del país". 
  25. "Detienen brevemente a Juan Guaidó, presidente de la Asamblea Nacional de Venezuela". 
  26. "Los servicios de inteligencia de Nicolás Maduro detuvieron al presidente del Parlamento, Juan Guaidó, y lo liberaron minutos después". 
  27. "Los servicios de inteligencia de Nicolás Maduro detuvieron al presidente del Parlamento, Juan Guaidó, y lo liberaron minutos después". 
  28. "El Grupo de Lima condenó la detención arbitraria de Juan Guaidó, presidente de la Asamblea Nacional de Venezuela". 
  29. "Almagro: ‘La comunidad internacional debe detener los crímenes de Maduro’". 
  30. "Gobiernos del Grupo de Lima condenan retención de Juan Guaidó". 
  31. "Rodríguez anunció destitución de funcionarios del Sebin que detuvieron a Guaidó". 
  32. "EL NACIONAL Comisario del Sebin sería el supuesto responsable de de la detención de Guaidó".  Carácter salto de liña en |título= na posición 12 (Axuda)
  33. "Grupo de Lima condena "detención arbitraria" contra Juan Guaidó". 
  34. "Fuerte condena internacional por breve detención de Juan Guaidó". 
  35. "UE expresó solidaridad con Juan Guaidó por detención de este domingo". 
  36. "ONU mostró su preocupación por la detención temporal de Juan Guaidó". 
  37. "Uruguay mostró su preocupación por la detención de Juan Guaidó". 
  38. "Canciller de España: "Preocupa" la breve detención de Juan Guaidó". 
  39. "“Estados Unidos está observando”: la advertencia tras la detención de Juan Guaidó". 
  40. "El presidente de la Asamblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó, se juramenta como "presidente encargado" del país". 
  41. "Guaidó se juramenta como presidente de Venezuela, Trump lo reconoce de inmediato". 
  42. "Guaidó se juramentó como presidente interino de Venezuela". 
  43. "Juan Guaidó se juramentó como presidente encargado de Venezuela". 
  44. "Trump reconoce a Guaidó como presidente encargado de Venezuela". 
  45. "Guaidó se juramenta como presidente de Venezuela, Trump lo reconoce de inmediato". 
  46. "Trump reconoce al presidente de la Asamblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó, como "presidente interino" del país". 
  47. "Duque reconoce a Guaidó como presidente encargado de Venezuela". 
  48. "Donald Trump reconoce a Juan Guaidó como presidente de Venezuela". 
  49. "Guaidó solicitó a Mike Pompeo formalmente ayuda humanitaria de EE UU". 
  50. "OEA entregará USD 20 millones en ayuda humanitaria a Venezuela". 
  51. "#28Jun Diputado Juan Guaidó fue agredido por la GNB (Imágenes hechas en revolución) -". 
  52. "GNB agredió con perdigonazos a Juan Guaidó en la Francisco de Miranda (+Fotos)". 
  53. "Diputado Juan Guaidó fue herido en la avenida Francisco de Miranda-Noticia al Día".