Usuario:Prevert/títulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Convencións de nomes é un lista de directrices para elixir os títulos máis apropiados para nomear as páxinas.

Regras xerais[editar | editar a fonte]

Minúsculas e maiúsculas

MediaWiki, o software que formece á Wikipedia, está configurado para non distinguir entre maiúscula e minúscula inicial (no Wiktionary si se diferencia). Todos os títulos de páxinas comezan por maiúscula independentemente de seren escritos nun principio con minúscula.

Segundo as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, escríbese inicial maiúscula nos seguintes casos:

  • Nos nomes propios: Lucía, Seoane, Moncho, Lugo, Vedra, Xúpiter. Os alcumes reciben o mesmo tratamento: a Galochas, o Foguetes.
  • Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: A tecedeira de Bonaval, Follas novas. As publicacións periódicas adoitan levar maiúscula non só na primeira palabra inicial, senón tamén nas restantes do título que teñan relevancia semántica: A Nosa Terra, O Correo Galego, O Tío Marcos da Portela.
  • En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Cooperativa Vitivinícola do Baixo Miño.
  • Cando unha palabra con maiúscula inicial comece por un dígrafo, só se escribe en maiúscula o primeiro elemento deste: China, Quintela, Guillade.
  • As siglas escríbense normalmente en caracteres maiúsculos: ONU, DOG.

Convención: Non capitalice a segunda palabra e seguintes dun título a menos que se trate dun nome propio ou semellante (exemplo: Rosalía de Castro e América Central, pero non Código Binario). A primeira letra dunha ligazón interna no necesita capitalizarse porque o software automaticamente dirixe á versión coa maiúscula inicial (exemplo: follas novas dirixe á mesma páxina Follas novas).

Recurso: Para aqueles casos nos que o título comece por minúscula (exemplo: iPod ou mIRC) pode utilizar o modelo {{minúscula}} que se vale de javascript para mudar a primeira letra por unha minúscula (se non está activo ou non se dispón de javascript visualizase unha mensaxe avisando do título correcto).


Convencións de nomes[editar | editar a fonte]

Nomes máis comúns para persoas e cousas

Convención: Use o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes, para persoas e cousas.

Exemplos de nomes comúns usados na Wikipedia no canto doutros máis elaborados ou máis formais:


Nomes propios doutras linguas
Recurso: Naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos debe facerse unha redirección (exemplo: Nadia ComaneciNadia Comăneci)
  • Manteñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego (ruso, chinés, árabe, xaponés,...) facendo a transliteración correspondente de acordo coa pronuncia orixinal
  • Os nomes de reis, papas, figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios,...adáptanse ao galego (exemplos: Xoán Carlos I, Bieito XVI, Xúpiter)
Convención: Os reis deben incluír no título a súa orixe xeográfica, cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente (exemplo: Xoán Carlos IXoán Carlos I de España)


Nomes de festividades cívicas, relixiosas e políticas
  • Os nomes de festividades estranxeiras adáptanse ao galego sempre que non teñan equivalente na nosa lingua (exemplo: adáptase A Revolución dos caraveis, non se adapta A Diada de Cataluña)


Outras convencións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Material de traballo[editar | editar a fonte]