Durante algún tempo libre que me queda no traballo fago o que podo por acrescentar a información que considero necesaria na versión en galego da wikipedia. Desgraciadamente as miñas colaboracións adoitan ser traducións da wikipedia en español pois a miña empresa non consente entrar entrar na wiki se non é en español, portugués, galego ou inglés aínda que me sería moi útil para min ter acceso á wiki en alemán. Idioma que manexo bastante ben. Tentarei mellorar o meu traballo en canto a formatos e inserir cadros nos artigos, que estou bastante verde neses tecnicismos.
1914, comeza a primeira guerra mundial; Austria-Hungría declara a guerra á Serbia por non ter cumprido os termos dun ultimato despois do asasinato do herdeiro do trono imperial por un nacionalista serbio.