Ureaplasma urealyticum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ureaplasma urealyticum
Clasificación científica
Reino: Bacteria
División: Tenericutes
Clase: Mollicutes
Orde: Mycoplasmatales
Familia: Mycoplasmataceae
Xénero: Ureaplasma
Especie: U. urealyticum
Nome binomial
Ureaplasma urealyticum
Shepard et al., 1974

Ureaplasma urealyticum é unha especie bacteriana do xénero Ureaplasma e a familia Mycoplasmataceae.[1] Esta familia consta dos xéneros Mycoplasma e Ureaplasma. A súa cepa tipo é a T960.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As seis especies recoñecidas do xénero Ureaplasma teñen un contido GC do 27 ao 30 % e un tamaño de xenoma que vai de 0,76 a 1,17 millóns de pares de bases e necesitan colesterol para o seu crecemento.[2] Unha característica definitoria do xénero é que hidrolizan a urea. Algunhas cepas clasificadas orixinalmente como U. urealyticum considérase que deberían ser tratadas como unha nova especie, co nome U. parvum.[3]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

U. urealyticum pode causar uretrite e vaxinose bacteriana.[4] Tamén foi asociada con casos de infertilidade.[4] A infección por esta especie pode ocorrer tamén en sitios extraxenitais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freundt, E. A. (1 de abril de 1955). "The classification of the pleuropneumonia group of organisms (Borrelomycetales)". International Bulletin of Bacteriological Nomenclature and Taxonomy (en inglés) 5 (2): 67–78. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/0096266X-5-2-67. (Ver páxina 73)
  2. "Ureaplasma urealyticum- Classification". Meducation.net. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2013. Consultado o 07 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Ureaplasma Infection: Background, Pathophysiology, Epidemiology". 2017-11-17. 
  4. 4,0 4,1 "Ureaplasma: Causes, symptoms, and treatment". Medical News Today (en inglés). Consultado o 2019-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.