Unión Social Cristiá de Baviera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Unión Social Cristiá de Baviera | |
---|---|
Acrónimo | CSU, ХСС e CSU |
Tipo | one-state party e organización sen ánimo de lucro |
Ideoloxía | Democracia cristiá, rexionalismo, conservadorismo social, conservadorismo liberal e Baviera |
Data de fundación | 13 de outubro de 1945 |
Fundador(es) | Karl Scharnagl |
Presidente/a | Markus Söder (2019-) |
Director/a | Hans Michael Strepp |
Nº de membros | 130.379 (2021) |
Sede | Múnic |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.csu.de e https://csu.bayern | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión Social Cristiá (CSU) é un partido político de Baviera (Alemaña). Foi fundada en 1946, e está liderada por Horst Seehofer. É membro da Internacional Demócrata de Centro e da Unión Internacional Demócrata.
A CSU é un partido conservador baseado nos valores cristiáns[1] que está só presente en Baviera, onde gañou todas as eleccións dende a segunda guerra mundial 1962-2008 cunha maioría absoluta de escanos desde 1970, con máis do 50% dos votos. O seu maior éxito foron as eleccións do Estado Libre de Baviera de 2003, que recibiu 60,7% dos votos e máis de dous terzos das cadeiras no parlamento bávaro. Con todo, nas eleccións bávaras de 28 de setembro de 2008 caeu a 43,4% dos votos, o que tamén significou a perda da maioría absoluta dos asentos parlamentarios. Así, por primeira vez en máis de corenta anos, precisaron dun socio de coalición para estar no goberno. A finais de outubro de 2008, pactou unha alianza co Partido Demócrata Liberal (FDP).
O presidente do goberno de Baviera foi sempre da CSU, excepto por un breve período entre 1954 e 1957, cando se formou un goberno de coalición de todas as forzas políticas agás a CSU.
No parlamento alemán, a CSU forma un grupo xunto coa CDU, o seu equivalente noutros Landers. Con todo, as posicións das dúas partes non coinciden sempre, normalmente o CSU defende posicións sobre política interior e xustiza máis de dereitas, menos europeísta e en cambio máis comprometido coas políticas económicas e sociais. Nas eleccións federais do 18 de setembro de 2005, a CSU gañou 7,4% dos votos (46 asentos) e participa do goberno de coalición da chanceleresa Angela Merkel, xunto coa CDU (27,8%, 180 asentos) e o SPD (34,2%, 222 asentos).
Presidentes da CSU
[editar | editar a fonte]- Josef Müller 1946-1949
- Hans Ehard 1949-1955
- Hanns Seidel 1955-1961
- Franz Josef Strauß 1961-1988
- Theodor Waigel 1988-1999
- Edmund Stoiber 1999-2007
- Erwin Huber 2007-2008
- Horst Seehofer, 2008-2019
- Markus Söder, desde outubro de 2019
Presidentes de goberno de Baviera pertencentes á CSU
[editar | editar a fonte]- Hans Ehard 1946-1954
- Hanns Seidel 1957-1960
- Hans Ehard 1960-1962
- Alfons Goppel 1962-1978
- Franz Josef Strauß 1978-1988
- Max Streibl 1988-1993
- Edmund Stoiber 1993-2007
- Günther Beckstein 2007-2008
- Horst Seehofer, desde 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "csu.de". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de outubro de 2010.