Saltar ao contido

Unión Patriótica (Colombia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Patriótica
Dirixentes e organización
PresidentaAída Avella
Secretario xeralGabriel Becerra
MocidadesUnión de Jóvenes Patriotas
Filiación internacionalForo de São Paulo
Historia
Fundación28 de maio de 1985
Posicións políticas
IdeoloxíaPacifismo[1]
Antiautoritarismo[1]
Progresismo[1]
Antirracismo[1]
Ecoloxismo[2]
Internacionalismo[2]
Latinoamericanismo[2]
Antineoliberalismo[2]
Socialismo democrático[2]
Marxismo
Representación
Escanos no Senado
4 / 108
Escanos na Cámara
1 / 188
Outros datos
SedeBogotá
Na rede
http://partido-up.org/
Facebook: unionpatrioticacolombia Twitter: up_colombia Editar o valor en Wikidata

Unión Patriótica (UP) é un partido político colombiano. Foi fundado o 28 de maio de 1985 polas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP)[3] e o Partido Comunista Colombiano,[4][5][6] como parte dunha proposta de paz a partir dos Acordos de La Uribe entre o goberno de Belisario Betancur e a guerrilla.[7][8]

Historia do partido

[editar | editar a fonte]

Os Acordos de La Uribe consistiron nunha tregua (armisticio) onde se permitise a participación política dos combatentes a través dun novo partido político que puidese acollelos, este partido debía ser amplo e permitir a participación de todos os sectores da sociedade que apoiasen a paz en Colombia.

Dende o mesmo proceso de fundación da UP, os seus militantes comezaron a ser asasinados. En 1986 despois da súa fundación oficial e logo de obter un resultado exitoso nas eleccións, asasináse ao primeiro congresista da UP, e case dous días despois ao segundo.

Co tempo algúns dirixentes do partido UP decidiron tomar distancia dos grupos insurxentes, separarse das FARC-EP en 1987 e asumir o obxectivo político de buscar unha saída política negociada ao conflito colombiano para evitar o asasinato dos seus militantes, mentres as FARC-EP deciden que todos os seus militantes debían pasar á clandestinidade como un partido na práctica prohibido.[9][10]

Segundo o informe do Centro Nacional de Memoria Histórica (CNMH) Todo pasó frente a nuestros ojos. El genocidio de la Unión Patriótica 1984-2002, a violencia contra a Unión Patriótica deixou, cando menos, 4.153 persoas asasinadas, secuestradas ou desaparecidas.[11] A Xurisdición Especial para a Paz contabilizou, nun informe publicado en 2022, 5.733 militantes da Unión Patriótica asasinados entre 1984 e 2016.[12] Dous candidatos presidenciais, os avogados Jaime Pardo Leal e Bernardo Jaramillo Ossa, 5 congresistas en exercicio (Leonardo Posada, Pedro Jiménez, Octavio Vargas, Pedro Valencia, Manuel Cepeda), 11 deputados, 109 concelleiros, varios exconcelleiros, 8 alcaldes en exercicio, 8 exalcaldes e milleiros de militantes foron sometidos a exterminio físico e sistemático por parte de grupos paramilitares, membros da Forza Pública (Exército Nacional, Armada da República, Forza Aérea, Policía Nacional, o F2 e o Departamento Administrativo de Seguridade) e os narcotraficantes;[13] algúns sobreviventes ao exterminio abandonaron o país.

Estes asasinatos dos membros da UP nos anos 80 e 90 foron declarados en 2014 pola Fiscalía Xeral da Nación como delitos de lesa humanidade, ao concluír que se tratou dun plan por parte de sectores políticos, en alianza con axentes de seguridade do estado, narcotraficantes e grupos paramilitares, para impedir o ascenso de movementos de esquerda na política colombiana; en consecuencia, estes crimes seguirán sendo investigados de maneira permanente e procederase a xudicializar a quen resulten implicados.[14]

En xullo de 2013 o Consello de Estado devolveulle a personería xurídica á Unión Patriótica, a cal lle foi suprimida debido a que nas eleccións lexislativas de 2002 non obtivo representación no Congreso; o fallo recoñeceu que as circunstancias de exterminio sistemático contra dirixentes e militantes do partido foi a causa para que non se presentasen ás eleccións e por tanto non obtiveron a representación requirida.[15] Dende 2013 a Unión Patriótica participa nas eleccións colombianas como parte do proceso de renacemento do partido e a súa proposta política.

En 2022, entrou por primeira vez a ser parte dun goberno, dentro da coalición Pacto Histórico, con Gustavo Petro na presidencia.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Partido Unión Patriótica, Colombia Humana (14 de novembro de 2019). "Estatutos de la alianza CH-UP" (PDF) (PDF). Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Partido Unión Patriotica (10 de decembro de 2013). "Manifiesto y programa de la Unión Patriótica" (PDF) (PDF). 
  3. "La UP: historia del fracaso más sangriento en Colombia". Colombia Plural (en castelán). 2016-09-13. Consultado o 2021-02-02. 
  4. "Quienes Somos". Unión Patriótca (en castelán). 2018-11-26. Consultado o 2022-07-05. 
  5. Iván Cepeda Castro. "Genocidio político: el caso de la Unión Patriótica en Colombia" (PDF). Corte Interamericana de Derechos Humanos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2023. Consultado o 07 de febreiro de 2023. 
  6. Daza, Javier Duque (2012-12-15). "Comunistas. El Partido Comunista Colombiano en el post Frente Nacional". Estudios Políticos (en castelán) (41): 124–148. ISSN 2462-8433. Consultado o 2022-07-05. 
  7. "Los Acuerdos de la Uribe - ELESPECTADOR.COM". web.archive.org. 2019-08-29. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2019. Consultado o 2022-07-05. 
  8. Instituto de estudio para el desarrollo y la paz. "El Pacto de la Uribe con las Farc-Ep en 1984" (PDF). 
  9. García, Fernando Giraldo (2001). Democracia y discurso político en la Unión Patriótica (en castelán). Centro Editorial Javeriano. ISBN 978-958-683-347-9. Consultado o 2021-04-23. 
  10. Hernández, Claudia Nayibe López (2010). Y refundaron la patria--: de cómo mafiosos y políticos reconfiguraron el estado colombiano (en castelán). Random House Mondadori. ISBN 978-958-8613-15-4. Consultado o 2021-04-23. 
  11. ""Todo pasó ante nuestros ojos": claves del informe sobre el exterminio de la UP". ¡PACIFISTA! (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  12. Press, Europa (2022-04-23). "La Justicia colombiana eleva a 5.733 los muertos en la campaña contra el partido Unión Patriótica". www.europapress.es. Consultado o 2022-04-29. 
  13. http://www.eltiempo.com/opinion/editoriales/ARTICULO-WEB-NEW_NOTA_INTERIOR-12924130.html Editorial: Renace la Unión Patriótica El Tiempo, 10 de xullo de 2013
  14. Espectador, El (2020-04-13). "ELESPECTADOR.COM". ELESPECTADOR.COM (en español). Consultado o 2022-05-11. 
  15. "La Unión Patriótica vuelve a la arena política". Semana (Colombia). 9 de xullo de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]