Forza Aérea Colombiana
Forza Aérea Colombiana | |
---|---|
![]() | |
Tipo | forza aérea ![]() |
Parte de | Forzas Militares de Colombia ![]() |
Texto lema | Sic Itur ad Astra ![]() |
Bandeira | ![]() |
Persoas e organizacións | |
Entidades subsidiarias
| |
Data | |
Fundación | 15 de febreiro de 1921 ![]() |
Localización | |
País | Colombia ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | fac.mil.co ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Forza Aérea Colombiana é a forza aérea da República de Colombia. A Forza Aérea Colombiana é unha das tres institucións das Forzas Militares de Colombia. Foi encargada de acordo á Constitución de 1991 coa labor de exercer e manter o dominio do espazo aéreo colombiano para defender a soberanía, integridade territorial e a orde constitucional. É unha das forzas aéreas latinoamericanas máis grandes e de maior actividade debido ao seu importante rol na loita contra o narcoterrorismo. No ano 2019, contaba con preto de 13 650 efectivos,[1] é a máis adestrada e con maior experiencia no continente Americano só por detrás da forza aérea dos Estados Unidos.[2][3]
É a única forza aérea a nivel mundial que ten acreditados os seus procesos cos estándares ISO 9001 e NTCGP 1000. A ISO 9001 corresponde ao sistema de xestión da calidade coa norma internacional. O segundo certificado, o NTCGP 1000, corresponde á norma técnica de calidade da xestión pública, como froito da Lei 872 de 2003, que esixe a todas as entidades públicas poñer en funcionamento o sistema de xestión de calidade antes de decembro de 2008.[4]
A FAC ten a distinción de terse empregado en misións de observación e combates aéreos dende a guerra colombo-peruana de 1932. A Forza Aérea Colombiana tamén serviu con distinción durante a segunda guerra mundial nas illas de San Andrés.[5] No marco do conflito armado interno, ningún goberno electo foi destituído pola forza, pois a FAC contribuíu a sufocar múltiples rebelións de orixe terrorista, militar e política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ¿Cómo está el poderío militar en América Latina? El Espectador. Consultado o 15 de abril de 2021.
- ↑ Ministerio de Defensa Nacional,Colombia (2010-11). "Logros de la Política de Consolidación de la Seguridad Democrática, 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de agosto de 2012. Consultado o 23 de abril de 2011.
- ↑ Ministerio de Defensa Nacional,Colombia (2009-11). "Logros de la Política de Consolidación de la Seguridad Democrática, 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2011.
- ↑ Comunicado de la Presidencia de la República (12 de novembro). "Fuerza Aérea Colombiana recibe Certificaciones de Calidad del Icontec". Presidencia. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 21 de agosto de 2010.
- ↑ Sección de Patrimonio Histórico y Cultural. "La Segunda Guerra Mundial: de la Aviación Militar a la Fuerza Aérea Colombiana". Fuerza Aérea Colombiana. Consultado o 22 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forza Aérea Colombiana ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)