Unha viaxe á Lúa
Unha viaxe á Lúa | |
---|---|
Autor/a | George Tucker |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | novela e ciencia ficción |
Data de pub. | 1827 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha viaxe á lúa,[1] no orixinal inglés A Voyage to the Moon: With Some Account of the Manners and Customs, Science and Philosophy of the People of Morosofia and Other Lunarians, é unha novela de ciencia ficción escrita en 1827 polo estadounidense George Tucker. En galego foi publicada por Urco Editora en 2009 e a tradución correu a cargo do ourensán Xabier Cid.
Características
[editar | editar a fonte]É principalmente unha sátira mesturada coa reflexión moral así como unha análise económica daquel tempo e unha predición do futuro. Lembra en certos aspectos ás Viaxes de Gulliver.
Cómpre sinalar o enorme interese de Tucker nos avances científicos, aos que se refire seguido. A teoría do Big Splash ou formación da Lúa a partir da Terra é unha das ideas sobre as que xira a obra o autor e que resulta ser unha teoría aceptada nos nosos tempos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha do libro". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Voyage to the moon en Google Books. (en inglés)