Uatsdin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O símbolo de Uatsdin, e a Igrexa Atsætæ.
Estatua de Æfsati, o deus oseto dos animais salvaxes e dos cazadores, nas montañas osetas.

Uatsdin (en oseto: Уацдин, ás veces escrito Watsdin), e tamén coñecida como Assdin (Ассдин, "Fe nos Ese"), ou Ætsæg Din (Æцæг Дин, literalmente "Fe Verdadeira"; o mesmo significado de "Uatsdin", que é unha palabra composta),[1] é unha relixión tradicional practicada principalmente polos osetos (un pobo iranio oriental[2], que habita na rexión de Osetia, no Cáucaso que no presente está dividida entre dous estados: a república de Osetia do Norte-Alania en Rusia, e o estado de Osetia do Sur). Esta relixión experimentou unha crecente recuperación dende a década de 1980.[3]

Certas tradicións da relixión tradicional dos osetos sobreviviron até o presente, e foron revitalizadas especialmente nas áreas rurais. Isto contrasta co movemento urbano e máis intelectual que elaborou unha relixión sistemática para resucitar a relixión e superar a crise de identidade dos osetos. Este movemento está baseado no nacionalismo étnico e na oposición ó cristianismo ordodoxo ruso e xeorxiano, que é percibido como estranxeiro, así como tamén ó islam profesado polos veciños turcos e outros pobos caucásicos.[3] A meirande organización desta relixión entre os osetos é a Igrexa Atsætæ (en oseto: Ацæтæ) liderada por Daurbek Makeyev, e con sé en Osetia do Norte-Alania.

O movemento Uatsdin está activo tanto en Osetia do Norte coma no Sur. Aínda que non hai cifras sobre a demografía relixiosa en Osetia do Sur, en Osetia do Norte-Alania arredor do 29% do poboación profesa esta relixión tradicional segundo un estudo de 2012.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Местная религиозная организация традиционных верований осетин «Æцæг Дин»
  2. Minahan, James (1998). Miniature Empires: A Historical Dictionary of the Newly Independent States. Nova York: Routledge. p. 211. ISBN 1-57958-133-1. 
  3. 3,0 3,1 V. A. Schnirelmann. "“Christians! Go home”: A Revival of Neo-Paganism between the Baltic Sea and Transcaucasia Arquivado 22 de setembro de 2014 en Archive-It". Journal of Contemporary Religion, Vol. 17, No. 2, 2002. "Since the turn of the 1980s, a growth of Neo-Paganism has been observed in the Middle Volga region, in North Ossetia-Alaniia, and in Abkhazia. Pagan traditions had never disappeared there completely and, in contrast to the Slavic and Baltic regions, there was no need to invent too much by reference to books, as almost all the resources were intact there. Thus, in these regions, interest in Paganism developed in two different environments: firstly, in the countryside with its unbroken continuity of traditional folk beliefs, and secondly, in the urbanized areas where local, highly secularized intellectuals began to construct a new synthetic religion in order to overcome a crisis of identity. In the latter case, this was a manifestation of local ethnic nationalism resisting Russian Orthodoxy as a "religion of exploiters" (Filatov & Shipkov, 1996)." (p. 202). "Contemporary Neo-Paganism is constituted by two different branches—one of a "bookish" approach which is artificially cultivated by urbanized intellectuals who have lost their links with folk tradition, and the other, more authentic, is of a rural movement based on a continuity rooted in the remote past. The first dominates among the Russians, Ukrainians, Belorussians, Lithuanians, Latvians, and Armenians and can be defined as an "invention of tradition", after Eric Hobsbawm (1983). A more complex pattern can be observed among the ethnic groups of the Middle Volga River region as well as among the Ossetians and Abkhazians, where both tendencies are interacting with one another." (p. 207)
  4. Arena - Atlas of Religions and Nationalities in Russia. Sreda.org; 29% "adhere to a traditional religion of their ancestors, worship gods and the forces of nature". (исповедую традиционную религию своих предковпоклоняюсь богам и силам природы). This figure compares to 1.2% adherents of ethnic religions in all of the Russian Federation.