Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo oseto
Home oseto en 1881.
Instancia de
Subclase de
Parte de
Poboación
670.000
Wikidata C:Commons
Os osetos ,[ 9] no Digalego denominados ossetios .[ 10] (en oseto : ир, ирæттæ , ir, irættæ ; дигорæ, дигорæнттæ, digoræ, digorænttæ ) son un grupo étnico da cordilleira do Cáucaso , nativos da rexión coñecida como Osetia .[ 11] [ 12] [ 13]
Falan a lingua oseta , unha lingua irania oriental (escita ) da familia de linguas indoeuropeas , e moitos tamén son falantes fluídos de ruso como segunda lingua. O oseto non está relacionado nin é mutuamente intelixible con ningunha outra lingua irania.[ 14] O oseto, un remanente do grupo dialectal escita-sármata que outrora era falado por toda a estepa , é a única lingua irania nativa de Europa.[ 15]
Na súa maioría, os osetos son cristiáns ortodoxos , cunha salientable minoría que practica o uatsdin e o islam .
Os osetos viven maioritariamente en Osetia , que está politicamente dividada entre Osetia do Norte-Alania en Rusia , e Osetia do Sur , que dende o conflito de Osetia do Sur de 2008 converteuse de facto nun estado independente de Xeorxia .
Os seus parentes máis achegados, os jász , viven na rexión de Jászság , no norte do condado de Jász-Nagykun-Szolnok , en Hungría .
↑ "Russian Census 2010: Population by ethnicity" . Perepis-2010.ru (en ruso) . Arquivado dende o orixinal (XLS) o 04 de decembro de 2013. Consultado o 2017-08-21 .
↑ "Всероссийская перепись населения 2002 года" . Perepis2002.ru . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ "PCGN Report "Georgia: a toponymic note concerning South Ossetia" " (PDF) . Pcgn.org.uk . 2007. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ "Lib.ru/Современная литература: Емельянова Надежда Михайловна. Мусульмане Осетии: На перекрестке цивилизаций. Часть 2. Ислам в Осетии. Историческая ретроспектива" . Lit.lib.ru . Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ "Официальный сайт Постоянного представительства Республики Северная Осетия-Алания при Президенте РФ. Осетины в Москве" . Noar.ru . Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ Refugees, United Nations High Commissioner for. "Refworld - The North Caucasian Diaspora In Turkey" . Unhcr.org . Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ "2001 Ukrainian census" . Ukrcensus.gov.ua . Consultado o 21 de agosto de 2017 . [Ligazón morta ]
↑ "2000 Estonian census" . Pub.stat.ee . Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 21 de agosto de 2017 .
↑ Xosé María Carballeira Anllo, Carme Hermida Gulías, Primitivo Iglesias Sierra, Carme Ares Vázquez, Xosé María Lema Suárez, Rosa López Fernández (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua . Editorial Xerais. ISBN 9788499140704 .
↑ "Entrada ossetio en Digalego" . Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017 .
↑ Bell, Imogen (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia . Londres: Taylor & Francis. p. 200.
↑ Mirsky, Georgiy I. (1997). On Ruins of Empire: Ethnicity and Nationalism in the Former Soviet Union . p. 28.
↑ Mastyugina, Tatiana. An Ethnic History of Russia: Pre-revolutionary Times to the Present . p. 80.
↑ Encyclopædia Britannica, Inc. (1991). "The New Encyclopaedia Britannica: Marcopædia". Encyclopædia Britannica 22 . p. 625. ISBN 9780852295298 . Ossetic is not mutually intelligible with any other Iranian language.
↑ Minahan, James (1998). Miniature Empires: A Historical Dictionary of the Newly Independent States . Nova York: Routledge. p. 211. ISBN 1-57958-133-1 .