Uapití
| Uapití | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cervus canadensis Johann Christian Erxleben 1777 | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||
|
Nome curto
| |||||||||
|
Sinonimia
diversas subespecies de Cervus elaphus | |||||||||
| Características | |||||||||
|
Fonte de
| |||||||||
| Conservación | |||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||
| Distribución | |||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||
| Clase | Mammalia | ||||||||
| Orde | Artiodactyla | ||||||||
| Suborde | Ruminantia | ||||||||
| Familia | Cervidae | ||||||||
| Subfamilia | Cervinae | ||||||||
| Xénero | Cervus | ||||||||
| Especie | C. canadensis | ||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
O uapití[1] (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.[2]
Os uapitís viven nos bosques e a súa contorna, onde se alimentan de herbas, plantas, follas e codia. Malia ser orixinarios de América do Norte e do leste de Asia, adaptáronse ben nos países onde foron introducidos, incluíndo Nova Zelandia, Australia e a Arxentina. A súa grande adaptabilidade pode ameazar as especies endémicas e os ecosistemas nos que se introduciu.
Os machos teñen cornos grandes que mudan cada ano. Os machos adoptan comportamentos ritualizados de aparellamento durante o celo, incluíndo posturas, combates cos cornos e «sons de corneta», unha serie de vocalizacións fortes que establecen dominancia sobre os outros machos e atrae as femias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Digalego.xunta.gal (ed.). "Uapití no Dicionario Galego da Xunta". Consultado o 21 de xuño de 2016.
- ↑ Ludt, Christian J.; Wolf Schroeder; Oswald Rottmann; Ralph Kuehn. Elsevier, ed. "Mitochondrial DNA phylogeography of red deer (Cervus elaphus)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 31 (2004) 1064–1083. Consultado o 4 de xuño d 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uapití |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uapití |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arizona Elk na Web do Departamento de Caza e Pesca de Arizona. (en inglés)
- Rocky Mountain Elk Foundation (en inglés)
