Tteokbokki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tteokbokki
NomeTteokbokki
TipoBokkeum
Lugar de orixe Corea do Norte
 Corea do Sur

Tteokbokki, en coreano, «떡볶이», é un prato popular coreano, feito a base de tteokmyeon, (떡면; ''fideos de pastel de arroz'').[1] O eomuk, (어묵; ''pastel de peixe''), os ovos cocidos e as cebolas son algúns dos ingredientes máis comúns que adoitan acompañar ao tteokbokki. Pódese condimentar con gochujang (pasta de chile picante) ou con ganjang (salsa de soia), aínda que esta última é menos común e acostuma ser nomeada gungjung-tteokbokki, véxase, ''tteokbokki da corte real'', ao engadirlla ao prato.[2]

Na actualidade, existen variacións coma o tteokbokki ao curri, o tteokbokki con salsa de nata, o jajang-tteokbokki, o tteokbokki de mariscos, o tteokbokki rosa, galbi-tteokbokki, etc.

Notas[editar | editar a fonte]