Tropaeolum majus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Capuchina
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Tropaeolaceae
Xénero: Tropaeolum
Especie: ''T. majus''
L., 1753
Sinonimia[1][2]
  • Cardamindum majus (L.) Moench
  • Nasturtium indicum Garsault
  • Tropaeolum elatum Salisb.
  • Tropaeolum hortense Sparre
  • Tropaeolum hybridum L.
  • Tropaeolum pinnatum Andrews
  • Tropaeolum quinquelobum Bergius
  • Trophaeum majus (L.) Kuntze
Imaxe tomada no verán da suculenta Tropaeolum majus con flores laranxas.

Tropaeolum majus é unha planta ornamental orixinaria de América, caduca, que se cultiva en parques e xardíns. Nas zonas de costa en España atópase asilvestrada.

Vista da planta.
No seu hábitat.

É unha planta anual, lampiña, suculenta e estendida. Existen numerosas variedades con flores vermellas, alaranxadas ou amarelas, o cáliz ten cinco sépalos e a corola cinco pétalos desiguais. As flores e as follas teñen un sabor picante similar ao do Lepidium sativum.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son plantas rubideiras ou rastreiras anuais. Follas suborbiculares, que alcanzan un tamaño de 3–10 cm de diámetro, glabras, enteiras ou coas marxes unduladas, peltadas; pecíolos 15–20 cm de longo. Pedúnculos 10–20 cm de longo; sépalos 15–18 mm de longo e 8–9 mm de ancho, verde-amarelados, esporón 25–35 mm de longo; pétalos enteiros ou ondulados, amarelos a vermellos con liñas e puntos amarelos a morados, os superiores cuneados, 30–40 mm de longo, os inferiores 15–20 mm de longo e de ancho, con uña 12–15 mm de longo, ciliada. Carpelos de 10 mm de longo cando en froito, con costelas rugosas.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O termo tropaeolum deriva do grego Τροπαιον, ou pequeno trofeo, debido á disposición das súas follas e flores. Os xesuítas introduciron a planta a Europa no século XVI, dando constancia da súa utilización culinaria, tanto das súas follas como das súas flores. Denominábase mastuerzo de las Indias, berro del Perú ou de los jesuítas. O botánico Dodoens cultivouna no seu xardín en 1600. Nos altiplanos de Bolivia e na área andina en xeral, existe a especie Tropaeolum tuberosum, que ten uns tubérculos do tamaño dunha castaña, unhas flores de bela cor carmesí, cuxa altura non excede os 50 cm. Estes tubérculos teñen un sabor áspero moi acentuado. Nestes países é un alimento bastante consumido. O Tropaeolum tamén é coñecido como texao e é a flor símbolo da cidade de Arequipa, no sur do Perú.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Tropaeolum majus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 345. 1753.[3]

Etimoloxía

Tropaeolum: nome xenérico nomeado por Linneo, que deriva do grego tropaion e do latín tropaeum de "trofeo", pola maneira en que crece a planta, sobre un soporte. lembrando un trofeo clásico con escudos e cascos de ouro como as que colgaban como un signo da vitoria nun campo de batalla.[4]

majus: epíteto latíno que significa "o máis grande".

Sinonimia
  • Cardamindum majus Moench
  • Nasturtium indicum Garsault
  • Tropaeolum pinnatum Andrews
  • Tropaeolum quinquelobum Bergius
  • Trophaeum majus (L.) Kuntze[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tropicos
  2. "The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Tropaeolum majus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de maio de 2015. 
  4. En Nombres Botánicos
  5. "Tropaeolum majus". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2015.