Trofeo Xacobeo 99
Aparencia
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Número de participantes | 2 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (San Lázaro) 42°52′58″N 8°30′58″O / 42.8828, -8.516 |
País | España |
Data | 11 de agosto de 1999 |
Competición | |
Primeiro posto | Celta de Vigo |
O Trofeo Xacobeo 99 foi un torneo amigábel de fútbol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Disputouse só unha edición coincidindo co Ano Santo Xacobeo de 1999, organizado pola Xunta de Galicia, que entón presidía Manuel Fraga Iribarne. O torneo tivo lugar o 11 de agosto no Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela, enfrontándose o Celta de Vigo e o Real Madrid con vitoria celeste por 3-0[1], con goles de Gustavo López, Benny McCarthy e Iván Kaviedes. Estes foron os xogadores que disputaron o encontro:
Celta de Vigo:
- Dutruel; Cáceres, Djorovic, Juanfran (Adriano, m. 86); Albert Celades (Turdó, m. 88), Karpin (Bruno Caires, m. 77), Giovanella (Coira, m. 57), Makelele, Gustavo López (Tomás, m. 46); Revivo (Iván Kaviedes, m. 71); Benni McCarthy (Jonathan Aspas, m. 82).
Real Madrid:
- Illgner; Míchel Salgado, Hierro, Julio César, Dorado (Karanka, m. 65); McManaman (Guti, m. 57), Geremi, Helguera (Karembeu, m. 64), Balic (Savio, m. 70); Raúl (Etoo, m. 80) e Morientes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Celta barre al Real Madrid en el Trofeo Xacobeo", artigo en El Mundo, 11 de agosto de 1999 (en castelán).