Trindade e Martim Vaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trindade e Martim Vaz
{{{lenda}}}
Situación
País Brasil
EstadoPernambuco Espírito Santo
MarAtlántico
Coordenadas20°31′29″S 29°19′29″O / -20.52472, -29.32472Coordenadas: 20°31′29″S 29°19′29″O / -20.52472, -29.32472
Xeografía
Superficie10,4 km²
Illas5
Principais illasTrindade, Martim Vaz
Punto máis alto620 m (Pico do Desejado)
Demografía
Poboación32 habitantes (2009)
Densidade3,07 hab./km²

Trindade e Martim Vaz é un arquipélago descuberto polo navegante galego Joan de Novoa, hoxe pertencente ao Brasil. Está localizado 1.150 km ao leste de Vitória no océano Atlántico sur, parte do Estado de Espírito Santo. As illas, cunha área de 10,4 km², están deshabitadas, fóra dunha gornición da Armada Brasileira. O grupo componse da Illa Trindade, a maior illa do arquipélado con diferenza, cunha área de 10.1 km², e as Illas de Martín Vaz, 47 km ao leste, cunha área de só 0,3 km² (30 ha). A distancia que separa Trindade das Illas de Martín Vaz é de 30 km.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas de Trindade e Martín Vaz foron descubertas en 1502 polo navegantes galego Joan de Novoa e, xunto co Brasil, formou parte dos dominios de ultramar de Portugal. Dos moitos visitantes que tivo a illa, o máis soado foi o astrónomo inglés Edmund Halley, quen tomou posesión da illa en nome da Coroa Inglesa en 1700.

Varios importantes exploradores británicos fixeron escala na Illa de Trindade nas súas viaxes cara ao Sur. De entre eles destacan James Clark Ross quen pasou un día na illa en 1839 na súa viaxe cara á Antártida en 1901 co Discovery na súa primeira viaxe á Antártida. En 1895, Inglaterra tratou novamente de tomar posesión desta estratéxica posición no Atlántico. Con todo, os esforzos diplomáticos do Brasil, xunto co apoio de Portugal, restituíron a illa Trindade á soberanía brasileira.

Para deixar en claro a soberanía das illas, que agora forman parte do estado de Espírito Santo, un monumento foi construído o 24 de xaneiro de 1897. Actualmente, o control do Brasil sobre estas illas leva a cabo mediante a presenza dunha base da Mariña Brasileira na illa principal.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

O pequeno asentamento da Mariña Brasileira sitúase no sur de Illa Trindade, na Enseada dos Portugueses, cunha gornición naval de 32 efectivos. As illas son de orixe volcánica, de terreo abrupto. Son maioritariamente terreos baldíos, excepto a parte sur de Trindade. Foron descubertas en 1502 polo navegante galego Joan de Novoa e pertenceron a Portugal até a independencia do Brasil. De 1890 a 1896, Trindade foi ocupada polo Reino Unido, ata que un acordo mediado por Portugal adxudicou a illa a Brasil.

Illas[editar | editar a fonte]

  • Illa de Trindade
  • Illas de Martim Vaz
    • Illa do Norte, 300 m ao NNW de Illa da Racha, 75 m de altitude máxima.
    • Illa da Racha, 175 m de altitude máxima, preto da punta noroeste.
    • Illote de Angulha, unha rocha plana circular, a 200 m da punta noroeste da Illa da Racha, 60 m de altura.
    • Illa do Sul, 1.600 m ao sur de Illa da Racha. Un pináculo rochoso que é o punto máis oriental do Brasil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]