Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal Penal Internacional para Ruanda
Instancia de
Nome orixinal
International Criminal Tribunal for Rwanda Tribunal pénal international pour le Rwanda
Fundación / creación
8 de novembro de 1994
Disolución / destrución
31 de decembro de 2015
Wikidata C:Commons
Tribunal Penal Internacional para Ruanda (nome oficial en francés : Tribunal pénal international pour le Rwanda , TPIR ) é un tribunal internacional creado en novembro de 1994 polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas para procesar aos responsábeis do xenocidio e outras violacións do dereito internacional ocorridos no territorio nacional de Ruanda en 1994, causada por funcionarios e cidadáns ruandeses entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1994.[ 1]
En 1995 , o tribunal tiña a súa sede en Arusha , Tanzania [ 2] e a partir de 1998 as súas actividades foron ampliadas.[ 3] A ONU ordenou ao tribunal completar as súas investigacións en 2004 , todas as actividades do xuízo en 2008 e concluír o traballo en 2010 .[ 4]
O Tribunal ten competencia en materia de xenocidio , crimes de lesa humanidade e crimes de guerra , que se definen como violacións dos artigos relativos a xenocidios cometidos en conflitos internos pola Convención de Xenebra .
En decembro de 2008, o Tribunal condenou a cadea perpetua aos tres principais líderes do goberno de etnia hutu que masacraron a 800.000 tutsis en 1994, Theoneste Bagosora , Aloys Ntabakuze e Anatole Nsengiyumva .[ 5]
Notas