Tremolita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tremolita
Fórmula químicaCa2Mg5Si8O22(OH)2
ClaseInosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorParda, incolora, gris, verde clara, branca
BrilloDe vítreo a anacarado
Dureza5-6
Densidade3 g/cm3

A tremolita é un mineral pertencente ao grupo dos silicatos. Máis concretamente, pertence aos anfíbolos e ao grupo do asbesto. Recibe o seu nome do val de Tremola (Suíza) onde existe unha mina deste mineral.

Características[editar | editar a fonte]

A tremolita fórmase por metamorfismo a partir de sedimentos ricos en dolomita e en cuarzo. Pertence á mesma serie que a actinolita e o ferro-actinolita. A tremolita é un indicador do grao de metamorfismo, xa que a elevadas temperaturas convértese en diópsido. A súa cor verde débese ao contido en ferro.

Minerais asociados[editar | editar a fonte]

A calcita, a grosularia, o talco e a serpentina atópanse moitas veces canda a tremolita.

Depósitos[editar | editar a fonte]

Finlandia, Piemonte e Tirol (Italia), Ontario (Canadá), val de Tremola (Suíza), Tanzania, Arizona (Estados Unidos), Connecticut (Estados Unidos), Canaán (Estados Unidos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]