Transfesa
Transfesa | |
---|---|
Vagón de Transfesa. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1943 |
Localización | Madrid |
Fundador | Irmáns Fernández López |
Persoas clave | Emilio Fernández Fernández (presidente) |
Industria | Transporte por ferrocarril e estrada. |
Beneficio | 221 millóns de euros (2011) |
Número de empregados | 1.035[1] |
Na rede | |
http://www.transfesa.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Transfesa é o acrónimo de Transportes Ferroviarios Especiales, S. A., compañía fundada en 1943 polos irmáns Fernández López, de Lugo, para transportar mercancías por ferrocarril en España.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro tren transporta 4.500 cabezas de gando desde Cañaveral, en Estremadura até Barcelona e utiliza vagóns mercados á Alemaña Nazi pouco antes do bloqueo comercial entre ambos os dous países.
En 1949, os tráficos ferroviarios desta compañía incluíron tamén os cítricos dende o Levante, e en 1950 desenvolveron a tecnoloxía suficiente como para patentar un sistema de cambio de eixos e montar en Hendaia un intercambiador. Isto vai permitir resolver a diferenza de ancho de vía entre España e Francia sen ter que facer custosísimos transbordos das mercadorías na fronteira. Transfesa rompeu o illamento ferroviario español, de xeito que as mercadorías xa podían chegar ó seu destino en Francia, Alemaña e outros países europeos sen necesidade de facer transbordo, o que reducía até nunha semana a viaxe de produtos españois. O sistema de cambio de eixos, empregado hoxe en día por varias administracións ferroviarias, adiantouse nunha década á solución deseñada por Patentes Talgo, do eixe de rodadura desprazable. Nos anos cincuenta, Transfesa transporta toda sorte de mercadorías, incluíndo cementos e outros pulverulentos. En 1964 converteuse na primeira multinacional galega, con empresas filiais en Francia, Gran Bretaña, Suíza, Alemaña, Italia e Portugal e a primeira multinacional ferroviaria española.
Transfesa foi o berce dun conglomerado empresarial que abrangue sectores como o químico e a alimentación, con marcas como Pescanova, Zeltia, Frigolouro, Fontecelta e Corporación Noroeste, entre outras.
A maioría de capital galego permaneceu en Transfesa até 2007, cando Deutsche Bahn, a administración ferroviaria alemá, adquiriu o 51 % do capital da compañía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Operador Logístico Integral. Transfesa Arquivado 01 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Transfesa (en castelán) e (en inglés)