Torpedo
![]() | Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
Torpedo pode referirse a:
Bioloxía:
- Torpedo, do latín torpere, "agarrotarse", "quedar paralizado", xénero tipo da familia dos torpedínidos, e da orde dos torpediniformes, peixes elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos, estrugas, ortigas ou raias eléctricas. O nome do xénero alude ao efecto producido en alguén que manipula ou pisa un torpedo vivo.
Armamento:
- Torpedo, un proxectil autopropulsado que se move por debaixo da agua, cuxo nome está inspirado no deste xénero biolóxico.
- Mina mariña, denominación orixinal desta arma.
- Torpedo humano, unha arma secreta naval da segunda guerra mundial.
- Torpedo Bangalore, un dispositivo explosivo no que a carga está colocada no extremo dun longo tubo extensíbel.
Outros:
- Torpedo, filme bélico de 1958.
- Torpedo ou Torpedo 1936, serie española de banda deseñada con guión de Enrique Sánchez Abulí e debuxada por Jordi Bernet.
- FC Torpedo Moscova, (Футбольный клуб "Торпедо" Москва en ruso), un equipo profesional de fútbol da cidade de Moscova (Rusia), que actualmente xoga na Primeira División de Rusia.
- Torpedo Nizhny Novgorod (Торпедо Нижний Новгород en ruso), un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Nizhny Novgorod, Óblast de Nizhny Novgorod (Rusia), que actualmente forma parte da División Tarasov da Kontinental Hockey League (KHL).