Tomás Comesaña Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás Comesaña Alonso
Información persoal
Nome completo Tomás Comesaña Alonso
Nacemento 25 de xullo de 1984
Lugar Vigo,
Altura 190 cm[1]
Posición dianteiro

Tomás Comesaña Alonso, nado en Vigo o 25 de xullo de 1984, é un xogador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou na Terceira división española de fútbol as tempadas 2004/2005 ata o 2007/2008 no Club Rápido de Bouzas, a temporada 2008/2009 no Alondras Club de Fútbol na que foi o máximo goleador do equipo e estiveron a piques de xogar a fase de ascenso a Segunda División B.

Ascenso que logrou a seguinte tempada 2009/2010 co Coruxo Fútbol Club na que anotou dous tantos na primeira eliminatoria da fase de ascenso. Foi a única e derradeira vez que o Coruxo pasaba a primeira eliminatoria así como a única da súa historia en lograr o ascenso.

Tras acadalo ascenso recalou na Unión Deportiva Atios da Preferente Sur na que xogou dende as tempadas 2010/2011 ata a novembro da 13/14 na que volveu de novo a Terceira da man de Juan Carlos Andrés ao Club Rápido de Bouzas en descenso directo co que anotou 8 tantos.

Na 16/17 con Patxi Salinas como adestrador lograrían xogar a fase de ascenso a Segunda División B por segunda vez na historia do club. Dous novos tantos na primeira eliminatoria e cunha importante participación nas seguintes eliminatorias volveu acadar o ascenso ós 33 anos.

Ó ano seguinte, na tempada 17/18 volveu conseguir un novo ascenso, esta vez a Preferente Grupo 2 co equipo da SD Juvenil de Ponteareas.

Notas[editar | editar a fonte]