Saltar ao contido

Tollo, Abruzzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tollo, Abruzzo
 Nome oficial
    Tollo (it) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    tollesi (it) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.124 (2017) balance demográfico
4.091 (2018) balance demográfico
3.899 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   14,96 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   152 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal66010 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap41960 Editar o valor en Wikidata
VIAF315523725 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fg2gk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Tollo é un concello italiano da provincia de Chieti, na rexión dos Abruzos. A súa poboación é de 4.166 habitantes (2011).

Orixe do nome e fundación

[editar | editar a fonte]

Sobre as orixes da vila existen varias hipóteses, xa que non existen fontes verificables e tampouco estruturas arquitectónicas ou restos arqueolóxicos. O nome "Tollo", máis que derivado dunha presunta fundación en época romana (de "Tullio" ou "Tutellum"), ou da construción dunha torre forticada sobre un outeiro, pode que se orixinara ao fundarse a cidade a finais do século XI ou comezos do XII, por un grupo de cruzados que se detiveron na beira dereita do río Moro. Estes soldados, talvez orixinarios de Tulle, construíron baseándose na súa cidade natal, unha serie de lugares fortificados (que dan nome aos actuais barrios da localidade), sobre os cales existía unha torre defensiva, situada no que hoxe é a Praza Central.

Os testemuños escritos máis antigos datan de 1067, nun pergamiño no que Tollo aparece como vila no que se produce viño, destinado ao comercio a través do veciño porto de Ortona.

Do século XVI ao XX

[editar | editar a fonte]

No século XV está documentada a presenza da Orde Teutónica; a ela débese a construción da Igrexa de Santa Mariña. En 1566, a cidade talvez foi tomada polos turcos, e de alí nace a tradición da festa da Virxe do Rosario.

Arredor do século XVIII o lugar pasou a dominio dos Borbóns, e entra a formar parte do Reino das Dúas Sicilias. Entre 1707 e 1775 pasou á familia de Ruggero d'Altavilla; logo converteuse en feudo de propiedade dos baróns Nolli, lembrados como os principais innovadores da época da economía e do comercio desenvolvido na pequena cidade.

Contra o ano 1806, Tollo empezou a ser chamado "Comuna", gobernado por un alcalde, pertencente á provincia de Chieti, onde residían as autoridades que administraban os Abruzos interiores por conta do Rei de Nápoles. Coa Unificación de Italia, Tollo sufriu o problema do bandoleirismo, que nesta zona foi violento e tamén fortemente reprimido.

Dende a segunda guerra mundial ao presente

[editar | editar a fonte]

A segunda guerra mundial provocou a destrución case completa da vila. Tralo armisticio do 8 de setembro de 1943, os combates entre as tropas alemás e as forzas aliadas chegou á provincia de Chieti e destruíu violentamente tanto as poboacións de maior tamaño (Ortona) como os núcleos pequenos. Os primeiros bombardeos golpearon a Tollo na noite do 5 de decembro; logo os repetidos ataques obrigaron a desaloxar a poboación entre o 14 e o 15 de decembro dese ano. Moitos dos seus habitantes, sobre todo os varóns, foron deportados ao norte de Italia. O 4 de marzo de 1944 produciuse a primeira resposta aliada, coa ruptura da fronte alemá e a liberación definitiva que tivo lugar no verán.

Coa paz, iniciouse a reconstrución moral e civil da poboación que, durante os anos 1960 e 1970 levou ao desenvolvemento económico da cidade, sobre todo trala fundación das dúas cooperativas agrícolas (1960-62) que permitiron que Tollo difundise o seu viño en Italia e, nas últimas décadas, no mundo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]