Tokaji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vinha de Tokaj-Hegyalja.

Tokaji, que significa "procedente de Tokaj" en húngaro, é a denominación recibida polos viños producidos na rexión de Tokaj-Hegyalja na Hungría e tamén nunha pequena extensión da Eslovaquia. Foi adquirindo distintos nomes na Europa, dos cales o máis común é Tokay, utilizado en Francia e na Inglaterra.

Caracterización[editar | editar a fonte]

Situada 200 quilómetros a Leste de Budapest, esta rexión vinícola esténdese por unha zona de produción de cerca de 6.000 hectáreas[1].

Esta rexión é o reflexo dunha tradición vinícola única, existente hai polo menos mil anos e que se mantivo intacta até aos nosos días e a súa paisaxe cultural histórica forma parte do Patrimonio Mundial da Unesco desde Xuño de 2002[2]


O rio Tisza e o afluente Bodrog, esenciais ao micro clima da rexión.

Esta rexión encóntrase situada a unha altitude entre 100 a 400 metros por enriba do nivel do mar. O seu clima tipicamente continental é caracterizado por invernos extremamente fríos e veráns moi quentes. A xeneralidade das súas viñas sitúanse nas encostas dos montes Zemplen, xunto aos ríos Bodrog e Tisza. O tipo de solo é predominantemente de orixe volcánica cunha elevada porcentaxe de arxila. A reunión de todos estes factores crea condicións propicias ao desenvolvemento de Botrytis cinerea, favorecido pola xa referida proximidade dos ríos e consecuente humidade.

As principais castas utilizadas nesta rexión, especialmente para a elaboración do Tokaji, son fundamentalmente as Furmint (casta cun elevado potencial aromático), Hárslevelü (que proporciona a formación dun elegante bouquet nos viños obtidos) e Muscat[3].

As caves do viño Tokaji son cavadas nas rochas das montañas volcánicas da rexión, formando labirintos que chegan a superar os 30 quilómetros. Estas caves mantén de forma natural niveis constantes de temperatura e humidade, creando condicións ideais para almacenar e envellecer os viños da rexión[4].

Tipos de viños de Tokaj[editar | editar a fonte]

Botella de Tokaji.
  • Viños secos: Apelidados en tempos ordinarium (viño común) hoxe en día pasaran a indicar o nome das respectivas castas: Tokaji Furmint, Tokaji Hárslevelû e Tokaji Sárgamuskotály.
  • Viños de Vendimas Tardías: Nesta categoría encóntranse viños provenientes de uvas parcialmente botrytizadas, con maior ou menor cantidade de azucre residual.
  • Tokaji Szamorodni: Esta palabra de orixe polaca significa: "como naceu" ou "como iso crece". O Szamorodni é elaborado a partir de uvas parcialmente botritizadas sen selección dos bagos botritizados (aszú). Usado como aperitivo pode ser seco ou doce dependendo da proporción de uvas botritizadas.
  • Tokaji Aszú: Son os viños máis coñecidos da rexión. Proveñen da adición ao viño de base de uvas con elevado grao de podremia(tamén designada por podremia nobre), como resultado da presenza do fungo Botritis cinerea, dando orixe á formación dunha masa pastosa. A cantidade desta "masa" adicionada ao viño de base é cuantificada en recipientes propios designados por puttonyos (a cada X "puttonyos" corresponde 25 kg de masa pastosa). Nos rótulos destes viños encontramos obrigatoriamente o número de "puttonyos" adicionados (varía de 3 a 6).
  • Tokaji Eszencia: Unha raridade absoluta, o zume gota-a-gota dos bagos de aszú. A Eszencia é un néctar cunha concentración de azucre comparábel á do mel.

Ver nota [5]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rexión vinícola de Tokaji [1]
  2. UNESCO[2]
  3. JORDÃO, António M., Caracterización do sector vitivinícola húngaro [3]
  4. Caves de Tokaji[4]
  5. Tipos de viño de Tokaji [5]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]