Puttonyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adega de viño Tokaji, na Hungría.

Un puttonyo é unha medida de peso de arredor duns 25 kg utilizada na produción de viño na rexión de Tokaj, en Hungría. Un puttonyo ("caldeiro" en húngaro) é un recipiente no que caben ese peso en pasta de uva botritizada (ou sexa, atacada por Botrytis cinerea).

Características[editar | editar a fonte]

Cando chega o tempo da colleita, algunhas uvas poden estar atacadas pola botrite, se a colleita se fai sen separar estas uvas das non atacadas, obtense un viño chamado samorodny. Só en colleitas excepcionais se recollen as uvas aszú xa na forma de pasas de forma separada, e lévanse á adega como unha masa seca. A esta masa seca de uva engádeselle mosto e deixase durante 24-48 horas antes de gardalo en barricas onde fermentará durante un longo período de até varios anos. Co resto da colleita prepárase o viño de base. Xúntase o aszú a este viño en cantidades de puttonyos por barril de 136 litros.

Así, un Tokaji aszú de 3 puttonyos (mínima adición para poder clasificarse como Tokaji aszú) serían 75 kg de pasta a unha pipa Gönc de 136 litros de viño fresco da época. Esta cantidade de uva seca pola chamada podremia nobre ten unha concentración de azucre tal que impregna suave e elegantemente o viño base, que é seco, transmitíndolle unha grande dozura. O maior grao de dozura e complexidade corresponde aos Tokaji de 6 puttonyos.

Existe un grao aínda por enriba dos 6 puttonyos,é o denominado Tokaji Eszcencia, a lágrima ou zume das mellores uvas aszú mentres esperan ser prensadas, que conteñen até cerca de 60% de azucre. A cantidade de azucre é tan elevada que o viño tarda catro anos en fermentar, e alcanza só 4º ou 5º de alcol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]