Tiergarten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do Tiergarten

O Tiergarten (literalmente, Xardín dos animais) é o nome dun parque e dun barrio situado no distrito de Mitte, na cidade alemá de Berlín. Con 210 hectáreas de extensión é o xardín urbano máis grande de Berlín e o segundo de Alemaña tras o Englischer Garten de Múnic.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente concibido como coto de caza dos Príncipes electores de Brandeburgo, foi convertido nun parque moderno polo arquitecto alemán Peter Joseph Lenné no 1830. Entre 1961 e 1989 a beira leste do parque estivo presidida polo Muro de Berlín.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

O Sowjetisches Ehrenmal.

O parque está encaixado entre a Porta de Brandeburgo polo leste e a Porta de Charlottenburg polo oeste, unidas ámbalas dúas pola Strasse des 17. Juni, que o atravesa. No centro do mesmo érguese a Siegessäule (Columna da Vitoria), deseñada no 1864 para conmemorar as vitorias militares prusianas. Cara o leste atopámonos co Sowjetisches Ehrenmal (Memorial dos Soviéticos), conxunto monumental construído pola Unión Soviética na lembranza dos 80.000 soldados desa nacionalidade que faleceron na batalla de Berlín que puxo fin á Segunda Guerra Mundial; xa no límite do parque levántanse o Reichstag e o Bundestag. Fóra dos seus límites pero preto, no lado sur, sitúanse a Potsdamer Platz e o Memorial do Holocausto. Por último, no curruncho suroccidental está o zoolóxico de Berlín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berlín (2006). Guías de National Geographic.