Tia Carrere
Aparencia
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Althea Rae Duhinio Janairo 2 de xaneiro de 1967 Honolulu, Estados Unidos de América |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Grupo étnico | Filipinos estadounidenses, chineses estadounidenses e hispanoestadounidenses |
| Educación | Sacred Hearts Academy (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, modelo, actriz de cinema, actriz de televisión, cantante, actriz de dobraxe, produtora |
| Período de actividade | 1985 |
| Xénero artístico | Música rock e music of Hawaii (en) |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Simon Wakelin (2002–2010), divorcio Elie Samaha (1992–2000), divorcio |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Babepedia |
| Sitio web | tiacarrere.com |
Tia Carrere, nada como Althea Rae Duhinio Janairo o 2 de xaneiro de 1967 en Honolulu, é unha actriz, modelo e cantante hawaiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro papel importante como actriz foi na telenovela estadounidense da ABC General Hospital. Porén é máis coñecida por interpretar o personaxe de Cassandra Wong nos filmes Wayne's World e Wayne's World 2. Tamén fixo de actriz de dobraxe no filme de animación Lilo & Stitch, no que fai a voz de Nani. Así mesmo, destaca o seu traballo en televisión con series como Duck Dodgers e Cazatesouros, nesta última facendo o papel protagonista de Sydney Fox.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tia Carrere |