Thomas Combe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thomas Combe nunha fotografía tomada o 30 de xuño de 1860

Thomas Combe, nado en 1796 e finado o 30 de xuño de 1872, foi un impresor, editor e mecenas das artes inglés. Traballou como impresor na editora universitaria Oxford University Press e foi tamén o fundador e benefactor da igrexa de San Bernabé (St Barnabas Church) de Oxford.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas Combe era fillo dun impresor do mesmo nome finado cara a 1836, que tamén tiña unha libraría e era propietario dun xornal en Leicester. Despois de traballar co seu pai e como empregado noutros traballos similares en Oxford, emprendeu os seus propios negocios no ámbito editorial. En 1826 formou parte dunha sociedade en Londres, pero antes da fin do ano regresou a Leicester para retomar os negocios familiares (baixo o nome de T. Combe and Son entre 1826 e 1835).

Despois da morte do seu pai trasladouse a Oxford e pasou a formar parte de Oxford University Press (ou Clarendon Press) en 1837, da que, logo de adquirir partes do negocio desde o ano seguinte, chegou a ser socio principal en 1851.[2] Como resultado, manexou unha fortuna considerable.

El e a súa muller Martha (1806-1893) exerceron como mecenas des artistas, particularmente dos prerrafaelistas. En 1849 coñeceu en Oxford a John Everett Millais, quen pintou retratos de varios membros da familia de Combe.[3] Eran tamén partidarios do chamado Movemento de Oxford.

Placa en lembranza do matrimonio Combe, na igrexa de San Bernabé, en Oxford

Combe morreu o 30 de xuño 1872 e foi enterrado no cemitrerio do Santo Sepulcro, de Oxford. A súa viúva mantivo e agrandou a súa colección de arte prerrafaelista e, tras a súa morte en 1893, a parte máis importante da colección foille legada á Universidade de Oxford e hoxe está no Museo Ashmolean.

Busto de Thomas Combe por Thomas Woolner (1863). Museo Ashmolean, Oxford.

Unha placa na parede exterior da igrexa de San Bernabé conmemora as figuras de Thomas Combe e a súa muller Martha cando fundadores e benefactores da igrexa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hibbert, Christopher (ed.). "St Barnabas, Church of". En The Encyclopaedia of Oxford. Macmillan. 1988. Páxinas 378 e 379. [ISBN 0-333-39917-X] (En inglés)
  2. Historia da igrexa de San Bernabé en liña. (En inglés)
  3. "John Everett Millais". En Tate.org.uk. (En inglés)
  4. Warr, Elizabetz Jean. The Oxford Plaque Guide. Stroud, Glocestershire: The History Press. 2011. Páxinas 39 a 41. [ISBN 978-0-7524-5687-4] (En inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]