Crack (droga)
O crack é o nome vulgar dun derivado da cocaína. Son os refugallos resultantes de ferver clorhidrato de cocaína nunha solución de bicarbonato de sodio para que se evapore a auga. O crack converteuse nunha droga de abuso a mediados do decenio de 1980.
O termo crack é unha onomatopea que suxire o ruído que fan as pedras desta droga ó queceren pola ebulición da auga que conteñen. Tamén recibe outros nomes, como rocas, rochas, chulas, pedras, entre outros. Ás veces é confundido co bazuco ou o Paco, a costra que queda na ola onde se prepara a cocaína.
O crack, en po, é un estimulante altamente adictivo e poderoso. Produce euforia inmediata, custa pouco producilo e é facilmente accesible.
Produción[editar | editar a fonte]
Elabórase disolvendo a cocaína en po nunha mestura de auga e amoníaco ou bicarbonato de sodio. Férvese a mestura ata que se forma unha substancia sólida a partir do líquido, logo seca, e pártese en anacos (pedras) que se venden como crack de cocaína.
Historia[editar | editar a fonte]
Moitísimo antes do descubrimento do crack, nos Estados Unidos os índios das montañas de Santa Marta fumaban follas de coca moída con pedra calcárea.
- En 1983, nas Bahamas, iniciáronse os estudos psiquiátricos sobre as alteracións comportamentais dos usuarios do crack.
- En 1983, un policía neoiorquino escoitou por primeira vez a palabra que lembra o estado da cocaína durante a fritura.
- En 1986, saíu no The New York Times e acendeuse a percepción social. Chegara ao mercado unha das drogas máis violentas.
- En 1988, foi introducido no Brasil.
- En 1994, gaña espazo entre as drogas máis consumidas.
Consumo[editar | editar a fonte]
O crack fúmase nunha pipa de vidro, con cinza de cigarro. Tamén nunha lata con buratos, nun goteiro de vidro, nun cigarro como primo (nome que se lle da a un tabaco mesturado coa cocaína) entre outros. Outro instrumento utilizado para o consumo de crack é un tubo metálico similar a unha antena de radio (en moitos casos é) ó que se lle introduce unha sorte de alambrina que se utiliza para fuma-lo crack simulando unha pipa. Este método utilízase principalmente por adictos con moi poucos recursos, que se coñece como "fumar en tubo".
Efectos e sintomatoloxía[editar | editar a fonte]
Ó fumalo, o alcaloide chega máis rápido ó cerebro, en maiores cantidades e presentando un efecto sinérxico cos outros químicos que se usaron para a elaboración das rochas.
O crack pode producir os seguintes síntomas [Cómpre referencia]:
- Diminución da potencia sexual.
- Cefalea.
- Hemorraxia cerebral.
- Depresión.
- Ansiedade.
- Psicose similar a esquizofrenia.
- Bipolaridade.
- Paranoia.
![]() |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |