The Lost World é un filme estadounidense de 1925 dirixido por Harry O. Hoyt. É un filme de monstros e aventuras baseado na novela homónima de Arthur Conan Doyle (1912). Foi producido e distribuído por First National Pictures, daquela, un estudio grande de Hollywood, e está protagonizado por Wallace Beery como o profesor Challenger. O filme salienta por ser un dos pioneiros no uso de efectos especiais de stop motion, obra de Willis O'Brien, un precursor do seu traballo no filme King Kong. Doyle aparece nun frontispicio da película, ausente nalgunhas versións existentes.
Unha expedición dirixida polo profesor Challenger vai de Londres ao Brasil co fin de atopar o mundo perdido que se menciona no diario do desaparecido explorador Maple White. O equipo está formado polo profesor Challenger, o profesor Summerlee, Sir John Roxton, o xornalista Edward Malone e Paula White, filla do explorador. Os viaxeiros chegan a unha meseta misteriosa na selva amazónica. Ofrécelles un espectáculo excepcional: o lugar permaneceu como na época dos dinosauros.
En 1922, Arthur Conan Doyle mostrou o carrete de proba de O'Brien a unha reunión da Society of American Magicians, que incluía a Harry Houdini. O público asombrado viu imaxes dunha familia de Triceratops, un ataque dun Allosaurus e algunhas imaxes de Stegosaurus. Doyle negouse a discutir as orixes do filme. Ao día seguinte, The New York Times publicou un artigo na primeira páxina ao respecto, dicindo "os monstros do mundo antigo (de Conan Doyle) ou do novo mundo que descubriu no éter, eran extraordinariamente vivos. Se son falsos, eran obras mestras".[6]
En abril de 1925, nun voo Londres-París de Imperial Airways, The Lost World converteuse no primeiro filme que se mostrou aos pasaxeiros dunha compañía aérea.[7] Dado que as películas da época eran de nitrato e altamente inflamables, esta era unha empresa arriscada nun avión de madeira e casco de tea, un bombardeiro convertido na primeira guerra mundial, o Handley-Page O 400.
"The Lost World" essay by Daniel Eagan in America's Film Legacy: The Authoritative Guide to the Landmark Movies in the National Film Registry, A&C Black, 2010 ISBN0826429777, pp. 96–97