Stegosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stegosaurus
Rango fósil: Xurásico superior
Stegosaurus BW.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Thyreophora
Infraorde: Stegosauria
Familia: Stegosauridae
Xénero: Stegosaurus
Marsh, 1877
Especies

Stegosaurus (gr. "lagarto con tellado") é un xénero de dinosauros tireóforos estegosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, fai aproximadamente 156 e 144 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é América do Norte e Europa. Debido ás súas distintivas espinas da cola e placas, Stegosaurus é un dos máis recoñecidos dinosauros, xunto con Tyrannosaurus, Triceratops, Velociraptor e Apatosaurus. O nome de Stegosaurus significa "réptil con tellado" e deriva do antigo grego στέγος, stegos- ("tellado ou teito") e σαῦρος, -sauros ("lagarto"). Polo menos tres especies foron identificadas na porción superior da Formación Morrison no oeste de Estados Unidos e son coñecidas polo menos por 80 individuos entre todas.